As panteiras de Cerceda vencen en Soandres
Xornada solleira e cun desenlace de película de intriga e suspense. Nun xiro de guión imos empezar polo final. A final estaba decidida no segundo golpe. David, Lito e Edu estiveron magníficos. Golpe de desempate de Edu… golpazo e sae a rentes da vara do varal, fóra!, berrou Berdillo. Que pena ! Lito Pena dá un gran golpe entre aplausos dos seus compañeiros “mandarinas”. David de Cochiqueiros tiña que dar un golpe e superar a billarda de Lito, ou sexa, facer varado ou acercarse a menos de 5 metos do varal. Ollo, ademais do triunfo individual David necesitaba os 3 ptos da vitoria da xornada para que o seu equipo Cochiqueiros empatase con Río Miño e así levarse o triunfo. Ben, David fixo o que se esperaba del, non defraudar. Excepcional golpazo para superar a Lito e non só iso, tamén, para facer Varado! Tremendo! As Panteiras non paraban de auvear á maneira dos lobos.




Na Categoría Individual Absoluta ganou David de Cochiqueiros, segundo foi Lito de Foucellas da Billarda e terceiro Edu de Campo da Feira. En Individual Feminina ganou Lu de Lúa de Forza, por diante de Irene e de Chus de Cochiqueiros. En Individual Infantil foi primeiro Adrián de Río Miño, segunda Lidia de Campo da Feira e terceiro Liam de Cochiqueiros. En Equipos A ganou Cochiqueiros, segundo Río Miño e terceiro Foucellas. En Equipos F Cochiqueiros F ganou por diante de Campo da Feira e de Río Miño.
PRAZAS FASE FINAL LGB





FOTOS































