Corredoiras gana en Seixo
No campo de fútbol de Seixo (Marín) Corredoiras Bueu recuperou as boas sensacións e impúxose por diante dos dous equipos que o superan na Clasificación Xeral. O equipo vermello leva dúas xornadas moi boas e recortando distancia na xeral. Aínda así, ten moi difícil esta temporada optar ao título, xa que, son 44 puntos os que o separan do líder, Lúa de Forza. Gharaboto que partía a xornada como líder, iso si, empatado a puntos co equipo da Lúa, non conseguiu manter a posición. Non obstante, a diferenza agora é mínima a favor do equipo verde, tan só 4 ptos.







As puntuacións non foron altas e Corredoiras ganou con 68 ptos, a puntuación máis baixa para un ganador de xornada de toda a temporada, segundo foi Lúa con 65 ptos, terceiro Valpaços con 64. Ghraboto fixo 61, Armadiña 39 e Rinoceronte 31. En Equipos Femininos, ganou Valpaços F, segundo foi Gharaboto F e terceiro Lúa F. Na Categoría Individual Absoluta venceu Xan de Lúa de Forza, segundo quedou Piru de Gharaboto e terceiro Outeiro de Corredoiras. En Individual Feminina, foi primeira Lucía de Valpaços, segunda Lu de Lúa e terceira Sofía de Gharaboto. En Individual Infantil, quedou primeiro Gael de Armadiña, segundo Xián de Lúa e terceiro Marco de Armadiña.

O campo de herba sempre proporciona ese ingrediente atractivo e endemoñado de ter que acertar á hora de situar a billarda no chan. Así, un dos momentos cruciais neste tipo de situacións é ese intre, que pode durar segundos ou minutos, iso xa depende de cada quen, de alisar, nivelar ou achanzar a zona do terreo onde se sitúa a billarda para facela chimpar no aire. Ben, aquí tamén inflúe a elección individual de xogar coa billarda directamente sobre o chan ou sobre un apoio. Tanto, nun caso como noutro hai que igualar o terreo para que o salto da billarda sexo o máis próximo da zona de golpeo. En fin, houbo de todo, fenomenais golpes, golpes ao aire, e quen nin puido realizar o golpe porque a billarda chimpou demasiado lonxe e non houbo maneira de chegar a ela co palán.
Despois de sumar os ptos as clasificacións quedan como seguen nas súas primeiras posicións.





FOTOS


























Para ver máis fotos da xornada facebook de José Luís García Portela

