GHARABOTO gana en Ribadumia
O equipo de Marín volveu ganar outra xornada máis, esta vez con 94 ptos polos 92 de Lúa. Das últimas 7 xornadas, Gharaboto ganou 6 e a pesar de todo aínda non é líder. Iso si, agora a diferenza con Lúa de Forza é de 5 puntos, nada máis e nada menos. Si, a competencia está sendo do máis emocionante e custa dabondo reducir ou ampliar a distancia para calquera dos dous favoritos ao título. Corredoiras quedou en terceira posición con 83 ptos, por diante de Valpaços 82 ptos e Armadiña 80 ptos. Rinoceronte fixo 50 puntos para cerrar a clasificación. En Equipos F podemos dicir que despois de 5 xornadas consecutivas ganando, Gharaboto F veuse superado por Valpaços F. Certo, o equipo morado de Vigo venceu con 69 ptos, polos 66 ptos do equipo marinense. Despois quedou Armadiña F con 49 ptos, Lúa F con 48 ptos e Corredoiras F con 40 ptos. Estes son os equipos da outra liga, ou sexa, os que loitan polo terceiro posto do podio. Na Categoría individual absoluta venceu Xan de Lúa, segundo foi Gonzalo de Rinoceronte e terceira Lu tamén de Lúa. Na Categoría individual Feminina ganou Sofía de Gharaboto, segunda quedou Analía e terceira Tania, as dúas de Valpaços. En Individual Infantil, ganou Gael de Armadiña, segunda foi Antía de Gharaboto e terceiro Marco de Armadiña.

Xornada en Pavillón e de novo as forzas iguálanse. Cando a billarda necesita máis precisión e menos potencia, máis sosego e diálogo interior para chegar ao equilibrio mente-corpo, a competición non ten fenda de xénero nin gaitas electrónicas. Na final a 6 de Ribadumia, estaban representados os dous xéneros ao 50%, 3 mulleres e 3 homes.







Despois de sumar os ptos da xornada así quedan as clasificacións





FOTOS













































