Sábado, Abril 11, 2026
ActualidadeXornada

CAMPO DA FEIRA vence en Soandres

Campo da Feira gana como local unha xornada máis. Desta vez, o equipo de Paiosaco foi bastante xeneroso e tan só ganou cunha diferenza de 4 ptos sobre Filloas e 5 sobre Cochiqueiros. Os demais equipos quedaron algo lonxe destes tres. Desta maneira, ganou Campo da Feira con 76 ptos, seguido de Filloas con 72 e Cochiqueiros con 71 ptos. Foucellas quedouse en 58 ptos, APB en 54 ptos e Río Miño en 51 ptos. Na Categoría Femina de Equipos, Cochiqueiras F non se contenta con ver a Campo da Feira F no primeiro posto e ganaron despois de varias xornadas moi por debaixo das súas calidades. En fin, a súa vitoria foi pouco produtiva desde a perspectiva de puntos. Pois, ganaron as Panteiras de Cerceda con 30 ptos, e as de Paiosaco fixeron 26. En terceira posición quedou APB con 16 ptos. Con 7 ptos Filloas F promete reforzar a sección feminina para a temporada que vén. Este curso Aloia vai ter que multiplicarse e exponenciarse para levar puntos ao marcador. A Canariña de Castro de Rei chegou baixo mínimos e Vero non deu feito entre atender ao Xabi e achegarse ao varal na area do Campo de Vista Alegre. En Individual Absoluta venceu Edu de Campo da Feira, segundo quedou Xan de Lúa e terceiro Riveiro de APB. En Individual Feminina, ganou Merche de APB, segunda foi Irene de Cochiqueiros e terceira Lorena de Campo da Feira. En infantil foi primeiro Aleixo de Cochiqueiros, segundo Dimas de Foucellas e terceiro Román de Cochiqueiros. 

Despois de sumar os puntos da xornada quedan así as clasificacións. 

FOTOS

PRÓXIMA XORNADA

CASTRO DE REI

29 MARZO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *