FOUCELLAS vence en Laxe
Unha mañá soleada en Laxe serviu para que Foucellas da Billarda recuperara o camiño do podio. O equipo coruñés levaba dúas xornadas en pavillón que se viu superado polos equipos que loitan con el polas prazas de podio e polas prazas de finalista LGB. Pois ben, volveu a xogarse ao aire libre e as mandarinas de Foucellas estiveron á altura. Ganou a xornada pola maior puntuación de Collazo, xa que, empatou a puntos con Campo da Feira. O equipo de Paiosaco mantén o liderado con moita comodidade. Ben, ademais de ganar agora recuperou a terceira praza da xeral. Filloas de Sangue quedou terceiro. Na Categoría Equipos F, a vitoria foi para Campo da Feira, segundo quedou Cochiqueiros F e terceiro Río Miño F.
Nas categoría individual Absoluta, o podio tivo mita cor Panteira. Así, ganou a xornada Viqueira, segunfo foi Abel Regueiro, os dous de Cochiqueiros, e terceiro Josecho de Filloas de Sangue. Na categoría individual feminina, ganou Mercedes de Campo da Feira, segunda foi Irene de Cochiqueiros e terceira Begoña de Campo da Feira. En individual infantil, quedou primeiro Adrián de Río Miño, segundo Mauro, do mesmo equipo e terceira Lidio de Campo da Feira.








Agora as clasificacións xerais quedan desta maneira.









































