Sábado, Abril 11, 2026
ActualidadeXornada

CORREDOIRAS BUEU gana en Sanxenxo

Despois de moitas xornadas fóra do podio Corredoiras volve ao máis alto. Certo que a diferenza de puntos cos seus competidores non foi moita, pero, dado que a súa última vitoria quedaba lonxe no calendario, foi en outubro 2025, o sucedido en Sanxenxo pode indicar que o equipo de Bueu aínda non renunciou a loitar polo título. Agora está a 43 ptos do líder Lúa de Forza e a 36 de Gharaboto. Está nunha distancia que se pode definir como prudente, xa que, quedan 6 xornadas por diante. 

As puntuacións foron as máis baixas do que vai de temporada. Así, o equipo ganador Corredoiras fixo 71 ptos e os demais quedaron por debaixo da setentena de puntos. Segundo foi Lúa de Forza Sanxenxo con 66 e terceiro Gharaboto de Marín con 65. No apartado individual sucedeu o mesmo, só dous xogadores pasaron dos 20 ptos. Ganou a xornada Xan de Lúa de Forza, segundo foi Charri de Corredoiras e terceiro Alfonso de Valpaços. En Feminina ganou Lu de Lúa de forza por diante de Antía de Gharaboto e terceira quedou Mónica Padín de Armadiña. En Infantil, venceu Gael Solla de Armadiña, segundo foi  Sofía de Gharaboto e terceiro Marco de Armadiña. En Equipos F, volveu ganar Gharaboto F, segundo Valpaços F e terceiro Lúa F. O sorprendente foi que a diferenza entre os tres primeiros da xornada foi tan só de 4 ptos. Gharaboto F e Valpaços F empataron a 40 ptos e Lúa F fixo 36. O equipo de Marín ganou pola maior puntuación da súa xogadora Antía. 

Agora as clasificacións quedan desta maneira. 

PRÓXIMA XORNADA

14 MARZO

RIBADUMIA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *