Domingo, Marzo 15, 2026
Actualidade

CAMPO DA FEIRA non ten rival

A novena xornada Noroeste marcou a metade da temporada e xogouse no pavillón de Caión. A vitoria foi para Campo da Feira, tanto en Categoría Absoluta como Feminina. David de Cochiqueiros ganou a xornada, segundo quedou Cotelo de APB e terceiro Moñas de Campo da Feira. Lu Torres de Lúa de Forza venceu en Feminina, por diante de Chus de Cochiqueiros e Tamara de Campo da Feira. En Infantil foi Adrián de Río Miño o primeiro, segundo Dimas de Foucellas e terceira Noa de Campo da Feira. 

PODIOS

Despois de sumar as puntuacións desta xornada as clasificacións xerais son as seguintes: CLASIFICACIÓNS XERAIS

O equipo de Paiosaco, Campo da Feira, domina con claridade a Categoría Absoluta con 40 ptos máis que Filloas está cómodo na segunda posición sen que ninguén que o presione, pois a terceira praza está a 27 ptos e non se vé que o equipo da Coruña teña debilidades. Cochiqueiros superou a Foucellas na xeral e agora ocupa a terceira posición. Foucellas queda cuarto e ten marxe de 21 ptos sobre Río Miño. Esa cuarta posición é a última que dá dereito a participar na Fase Final LGB 2026. Estes tres últimos equipos vanse disputar dúas prazas de finalista e todo está aberto, xa que, o equipo de Castro de Rei vén de recuperar efectivos e suponse como unha serie ameaza para Foucellas e Cochiqueiros. En Categoría Feminina, o liderado está agora en mans de Campo da Feira F. Aproveitou que Cochiqueiros F presentou só a tres xogadoras e meteulle unha boa tunda de puntos. Nesta xornada, Campo da Feira F superou ás Panteiras en 28 ptos, unha verdadeira malleira. Mais, aínda non está decidido o título, pois cando as Panteiras recuperen efectivos van loitar o título ata o final. Nas clasificacións individuais, pois a Feminina apertouse moito na zona alta, xa que, a ausencia de Irene foi aproveitada, tanto por Tamara, como por Chus, como por Lorena para meterse na lea do podio. Agora entre as cinco primeiras hai 5 ptos de marxe. Irene mantén o liderado por un puntiño. O que ten de distancia sobre Tamara. Na Individual Absoluta, pois a cousa comprimiuse desde o posto segundo ao oitavo. Entre Abel Ponte, segundo e Cotelo, oitavo, hai 11 ptos de diferenza nada máis. O primeiro posto de Xan está a salvo de momento. Son 38 ptos máis que Abel Ponte. Adrián domina a categoría Infantil con 46 ptos máis que Dimas. Noa é terceira a 48 ptos de Adrián. Entre estes tres xogadores e máis Mauro, sempre que non fallen a ningunha xornada, vai estar o podio final. 

Antes do comezo da xornada gardouse un emotivo minuto de silencio en lembranza de Lito de Corredoiras, recentemente falecido. 

FOTOS

PRÓXIMA XORNADA

1 marzo

LAXE

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *