Ganou Río Miño en Cerceda
No pavillón de Limeisa novo ano de competición e os equipos apenas mostraron debilidades, que poderían mostralas despois de case un mes sen competición. Moita igualdade e venceu nun axustado final de xornada Río Miño con 93 ptos, por 92 de Cochiqueiros. Campo da Feira chegou a 89 ptos. Cuarto foi Filloas con 81 pts. Despois quedou Foucellas con 77 ptos e APB con 76 ptos.

Agora a Clasificación Xeral queda desta maneira, con Campo da Feira líder incontestable e dominador. Filloas mantén a segunda posición de momento con moito marxe sobre a terceira praza. Foucellas está vendo como Cochiqueiros e Río Miño se acercan. A terceira e cuarta prazas van estar moi entretidas de seguir. Pois, son posicións moi suculentas. A terceira porque sería posición de podio e a cuarta porque é a última praza para disputar a Fase Final LGB 2026. APB non está descartado de todo para esta posición, aínda que a ten a moita distancia.

Cochiqueiros F deu un paso importante, non definitivo, para revalidar título, xa que ganou con 10 puntos máis que Campo da Feira F. Agora son 15 puntos de distancia entre os dous grandes favoritos. Terceiro foi Río Miño F, que tamén ten potencial para competir cos dous grandes equipos femininos do Noroeste. Iso si, sempre que presente 4 xogadoras ou máis en todas as xornadas que faltan.

A vitoria da xornada foi para Xan de Lúa de Forza, segundo foi Abel Regueiro de Cochiqueiros e terceiro Caski de Río Miño. En Individual Feminina venceu Vivi de Río Miño, segunda quedou Esther e terceira Irene. En Infantil, ganou Migui, segundo foi Adrián, os dous de Río Miño e terceiro Dimas de Foucellas.


Xan ocupa o liderado, Óscar Ponte sube ata a segunda posición. Collazo é terceiro. Estas dúas últimas prazas de podio están moi competidas. Así, desde Abel Ponte cuarto ata David oitavo hai 11 puntos de diferenza coa segunda praza que ocupa Óscar e 10 coa segunda de Collazo.

Irene mantén o liderado con 11 puntos máis que Silvia. Lorena cerra as posicións de podio. As demais xogadoras están moi cerquiña desa terceira posición. Así, desde Merche que é cuarta ata Pili que ocupa a décima praza hai só 10 puntos de diferenza.

Na Xeral Individual Infantil, Adrián de Río Miño continúa firme no primeiro posto e tanto Mauro de Río Miño como Noa de Campo da Feira completan o podio. Dimas de Foucellas queda a 9 puntos destas prazas de honor.






FOTOS














Próxima xornada
8 febreiro
A LARACHA

