VITORIA DE GHARABOTO CON 101 PTOS
Claudia apareceu no Morrazo a iso das 16 horas e xa non deu tregua ata as 20h. O vento e a choiva desta borrasca non foi impedimento nin obstáculo para os equipos de billarda. Así, puido celebrarse a quinta xornada a cuberto da auga. Ademais, no ambiente respirábase entusiasmo e satisfacción, sobre todo, pola amabilidade do cemento da pista cara ao desprazamento das billardas. As billardas patinaban con destreza e alegría en dirección ao varal. Desta maneira, houbo un total de 38 varados realizados por 27 persoas. As puntuacións foron as máis elevadas da temporada.

Gharaboto estivo fantástico e superou os cen puntos, concretamente acadou 101. Álvaro 29 ptos, Elena 24 ptos, Luís Gon 24 ptos e Ricardo Lois 24 ptos sumaron para Gharaboto. Agora sitúase na segunda posición da xeral. En segunda posición quedou o líder Lúa de Forza con 94 ptos. Carolo 24 ptos, Martín Caneda 24 ptos, Xián 23 ptos e Xan 23 ptos sumaron para o equipo. Valpaços Terra Quente chegou aos 90 ptos e obtivo a terceira posición. Tania 25, Albino Veiga 23, Taxeiro 21 e Belmira 21. Con 89 ptos, en cuarta posición Armadiña. Hugo Otero 27 ptos, Mónica Padín 23 ptos, Cho 20 ptos e Machi 19 ptos. Tania 25 ptos, Albino Veiga 23 ptos, Taxeiro 21 ptos e Belmira 21 ptos sumaron para o equipo de Vigo. Corredoiras foi quinto con 77 ptos. Sumaron Charri 21 ptos, Chefa 19 ptos, Beni 19 ptos e Bego 18 ptos. O equipo de Bueu non estivo ben. Para unha xornada de pavillon, 77 puntos son moi poucos para un equipo que aspira ao título. Rinoceronte foi sexto con 32 ptos. José Manuel 25 ptos e Lola 7 ptos.
En equipos Femininos Valpaços F venceu con 84 ptos e continúa acercándose ao todopoderoso Gharaboto F na xeral. Tania 25 ptos, Belmira 21 ptos, Yolanda 20 ptos e Rosa 18 ptos. Gharaboto F obtivo 77 ptos. Elena 24, Sofía 23, Antía 17 e Vanessa 13. Terceiro foi Corredorias F con 53 ptos. Chefa 19, Bego 18 e Nati 16. Cuarto quedou Armadiña F con 49. Mónica Padín 23, Machi 19 e Catu 7. O quinto lugar foi para Lúa F con 26. Lu 19 e Marisa 7.


No plano individual Álvaro foi primeiro, segundo Charri e terceira Elena. En individual Feminina ganou Yolanda seguida de Tania e Sofía. En individual Infantil foi primeiro Xián, segundo Roque e terceiro Brais.





Ademais da actuación sobranceira de Gharaboto a nivel colectivo, podemos destacar os 29 ptos de Álvaro Otero como maior puntuación individual da xornada. Os 25 ptos de Tania foron a mellor puntuación na categoría feminina. Na individual infantil, tanto Xián como Sofía acadaron 23 ptos, que foi a máis alta cifra de puntos da xornada. Tamén, debemos suliñar os 4 varados de Hugo Otero, quen case fai a xornada perfecta.
Agora as clasificacións están dispoñibles neste enlace… CLASIFICACIÓNS XERAIS
A Clasificación individual feminina está que arde. Unha emoción nunca antes vista. Para mostra a imaxe de abaixo na que aparecen as 10 primeiras posicións da xeral.

Na individual Absoluta a cousa está tamén quentiña nas primeiras prazas.





































PRÓXIMA XORNADA
Armenteira-MEIS
29 novembro 16h.

