FILLOAS vence en Soandres e axexa o liderado
Filloas venceu na casa do líder Campo da Feira. No campo Ponte do Sal de Soandres (A Laracha), o equipo coruñés non tivo compaixón das previsións e prognósticos que daban como favorito ao equipo de Paiosaco. Non obstante, esta temporada Filloas está confeccionado para grandes retos. Os reforzos están dando froitos e moitos puntos. Así, o equipo herculino ao máximo que podía aspirar en temporadas pasadas era a entrar na cuarta posición que daba dereito a ser finalista LGB. Ben, esta temporada a situación cambiou e xa ninguén dubida que as súas miradas están no cumio da clasificación. Certo que vai estar difícil superar ao omnipotente Campo da Feira, pero, seguro que vai estar cerca. Ademais, visto que este ano, tanto Cochiqueiros como APB non teñen o potencial de tempos pasados, pois, debe ser a alternativa máis fiable. Foucellas continúa sólido na terceira posición e Cochiqueiros segue cuarto con APB e RÍO MIÑO moi cerca esperando a debilidade das Panteiras de Cerceda. En Equipos F, Campo da Feira F confirmou que esta temporada ten un equipo campión. Non está todo decidido nin moito menos, xa que, as Panteiras de Cerceda están a tan só 7 ptos, pero, claro, este resultado indica que o cambio de ciclo ganador das Panteiras está á volta do fin do outono. Río Miño F foi terceiro e mantén esa praza de poido na clasificación xeral.


No plano individual, as boinas foron para Xulio Ponte en Individual Absoluta e para Noa Muñiz en Feminina. Os colares co trisquel celta para Alberto Riveiro e Edu García en Absoluta e en Feminina para Delia Basanta e Lorena Muñiz. Os agasallos para o podio infantil leváronos Adrián Darriba, Dimas Torres e Mauro Pin.

Impresionante a actuación de Noa (7 anos) quen alcanzou os 15 ptos e subiu ao podio Feminino por vez primeira. A sorpresa foi maiúscula, xa que, o auténtico terreo para xogar billarda de 40 metros de terra e pedregullos non estaba para chegar con facilidade en dous golpes, como o fixo Noa na primeira e na cuarta carreira.

Ademais, o seu físico é o dunha nena en idade benxamín. En fin, extraordinaria a actuación de Noa. Moñas dicía que a xenética do pai tiña moito que ver neste desempeño excepcional da nena. En cambio, Tamara afirmaba que todo foi debido a que Noa sabe imitar moi ben o estilo de golpear da súa nai. Quen sabe? En Iindividual Infantil, Adrian Darriba foi primeiro con 16 ptos e sumando para o equipo. Adri está ganando en regularidade e co golpe demoledor que ten vai ser un candidato firme a poñerlle as cousas difíciles ao poderío das Rías Baixas, O Raio Verde Xián e Antía, nas finais LGB de maio 2026.

A vitoria de Xulio Ponte podemos catalogala de sorpresiva e xusta. Sorpresiva porque Xulio pasou de grupo con 12 puntos e sen entrar en 3 das 5 carreiras. Daquela, os presaxios non eran bos, non obstante, a billarda sempre dá segundas e terceiras e cuartas oportunidades. Neste caso, Xulio estivo imperial nos cruces e na final. Así, entrou na semifinal en 2 golpes e na final en 2 golpes, nada que obxectar, vitoria merecida.






Destacada actuación dun xogador que debutou esta temporada, concretamente na segunda xornada, e xa está acadando resultados e puntos de xogador aspirante ao podio e quen sabe se ao título. Obtivo a máxima puntuación da xornada con 25 puntos e 1 varado. Si, este palanador non é outro que Marco Gómez Mato. Ten un golpe potente e unha moi boa técnica postural. Cousas as dúas que están facendo del unha das revelacións da temporada.
CLASIFICACIÓNS XERAIS
BILLARDA RÍO MIÑO

































PRÓXIMA XORNADA
A SILVA-CERCEDA
23 NOVEMBRO

