Venres, Xaneiro 16, 2026
ActualidadeXornada

Foucellas asalta o galiñeiro de Mos

Este curso deportivo o club Os Foucellas da Billarda formou un cadro de xogadores con claras intencións de superar as prestacións da temporada pasada. Estivera cerca de ganar dúas xornadas na temporada 2024-2025 e ao final de liga ocupou a quinta posición, fóra das 4 prazas de finalista LGB. Ben, esta temporada o equipo da Coruña reforzouse con varias incorporacións e os resultados están chegando. En Castro de Rei ganou a súa segunda xornada da temporada e consolida a terceira posición da Xeral. A evidencia destas primeiras 4 xornadas afirma que houbo un cambio de rumbo no Noroeste, se Cochiqueiros e APB eran os equipos que lle discutían o título ao todopoderoso Campo da Feira durante as últimas temporadas, agora esta misión correspóndelles a Filloas e a Foucellas. Estes dous equipos reforzaron e consolidaron a súa posición de candidatos, mentres APB e COQ deben habitar o tunel que dá dereito a ocupar esa cuarta posición de finalista, pois o podio semella que lles queda moi lonxe. Billarda Río Miño tamén forma parte deste trío que deberá disputarse a última praza de Finalista LGB.

En Categoría de Equipos Femininos, Río Miño F venceu e convenceu, pasando por enriba dos dous grandes favoritos Campo da Feira F e Cochiqueiras. A Canariña da Terra Chá tivo unha actuación soberbia e superou contra prognóstico ás panteiras de Cerceda que non encontraron os bos golpes, superadas polas enigmáticas liñas de Nazca do prado de San Xiao de Mos.

Para mostra do sucedido coas enigmáticas e misteriosas liñas marcadas na herba temos un audiovisual clarificador. Desde Río Miño manifestaron que todo foi obra dalgúns seres extraterrestres que aproveitaron para achegarse á Expodegustación da Galiña de Mos. Vaite ti saber!

CLASIFICACIÓNS XERAIS

 

FOTOS

PTOS

PODIOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *