Xoves, Abril 16, 2026
ActualidadeXornada

Luz Fontán “MACHI” entra, para quedarse, na historia da Billarda

Desde a primeira temporada da Liga Galega de Billarda (2020-2021, créase a Federación de Deporte Autóctono) só 8 mulleres subiran algunha vez ao podio da Categoría Absoluta, Belmira (1 segunda posición e 1 terceira posición), Tania (3 terceiras posicións), Adriana (2 terceiras posicións) e Lucía (1 segunda posición) do equipo Valpaços, Elena González (1 vez terceira posición) do equipo Gharaboto. Despois están, mellor dito estaban, Ainhoa de Armadiña, Antía de Gharaboto e Bego Ríos de Corredoiras que ganaron 1 vez unha xornada de LGB, porque desde hoxe, Luz Fontán, Machi, de Armadiña de Combarro entra no salón da fama da Billarda. A xogadora armadiña venceu na xornada do Grove, primeira da nova temporada. Impúxose con autoridade e contra calquera prognóstico nunha final chea de palanadores da elite galega. En fin, a normalidade deportiva da billarda fai que xa non inpresionen tanto estas novas. Si, Novas foi terceiro e Piru segundo. Todos os finalistas masculinos tiñan vitorias en xornadas e títulos nos seus lombos excepto Novas. Pois ben, Machi pasoulles por diante a todos e nun desempate épico ante Piru, levouse a primeira Boina da Temporada. A boina na Categoría Feminina foi para Antía.

PODIOS

PUNTUACIÓNS

As puntuacións da xornada son estas. A herba artificial do Monte da Vila xunto co aire a favor foron dous factores importantes para explicar que houbese ata 7 varados e que 7 xogadores chegaran á vintena de ptos.  Destacar que 2 deses varados fíxoos Novas e outros 2 foron conseguidos por mulleres, Bego 1 varado e Antía 1 varado. Así, a clasificación xeral ten como primeiro líder da temporada ao actual Campión Galego Xan Rodiño con 25 ptos, Piru 22 pts, Novas 22 ptos e Xián 22 ptos sígueno moi cerca. En Feminina a primeira líder é Machi 20 ptos, segunda Antía cos mesmos ptos. Bego é terceira con 17 ptos. En Infantil o actual campión galego da categoría, Xían encabeza a táboa, segunda é Antía e terceira Sofía.

O Equipo A ganador foi o actual Campión Galego Lúa de Forza Sanxenxo con 85 ptos, por diante de Valpaços con 77 ptos. O equipo de Vigo, que a temporada pasada xa dera un paso ao fronte para acercarse aos tres grandes de sempre, Lúa, Corredoiras e Gharaboto, semella que presenta candidatura ao podio e quen sabe se ao título. A temporada pasada quedara en cuarta posición, pero moi lonxe dos postos de podio. Veremos ata onde é capaz de chegar o equipo morado de Vigo. A segunda posición da xornada foi para Gharaboto 72 ptos que volve ter equipo para disputar o Título. Corredoiras quedou fóra do podio en cuarta posición con 71 ptos. Armadiña acadou 50 ptos e Rinoceronte 28 ptos.

En Equipos F, Gharaboto F, actual Campión Galego dominou a xornada con 9 ptos máis que Valpaços F, terceiro quedou Armadiña F a 10 ptos da segunda posición. Corredoiras F con 32 foi cuarto e quinto Lúa F. De novo, a loita será entre os equipos de Marín e Vigo e Armadiña de Combarro e Corredoiras de Bueu como alternativa para conseguir a vitoria nalgunha xornada. Para optar ao título estes dous equipos necesitan encontrar no mercado máis xogadoras.

FOTOS

MACHI

Armadiña Combarro

Nesta xornada estaban en xogo 5 prazas para disputar o vindeiro sábado 20 setembro en Ribadumia televisada pola TVG2 a Copa de Billarda. Ben, estas prazas obtivéronas: Piru, Novas, Albino Veiga, Sofía e Marco.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *