Xoves, Xullo 10, 2025
ActualidadeXornada

Martín Muñiz “Moñas” vence en Cabanas e Cochiqueiros despídese do título e gana

O Piñeiral da Madalena en Cabanas triturou as poucas opcións de Cochiqueiros de optar ao Título. Non puido ser. Virtualmente Campo da Feira é campión 2024-25. A pesar do triunfo meritorio das Panteiras de Cerceda, o equipo de Paiosaco, cun Moñas intratable, mantivo o tipo e as formas, para non ceder máis de 6 ptos e quedar terceiro. Río Miño foi segundo a un pto da vitoria. Nas Categorías Individuais, Moñas foi letal nos momentos importantes e deixou a Berdi en segunda posición e a Pepe Outeiro en terceira. En Feminina, o podio foi monocromático e a Canariña da Terra Chá non deixou lugar para ningunha outra xogadora. Ganou Vero, segunda foi Delia e terceira Pili. En Infantil venceu Adrián de Río Miño e segunda quedou Noa de Campo da Feira.

Na Categoría de Equipos o podio está decidido, pois Río Miño asegurouse a última praza. Agora, queda por aclarar se Filloas ou Foucellas será o último Finalista. A distancia parece insalvable para Foucellas, pois en ningunha das 17 xornadas anteriores superou a Filloas por máis de 10 ptos. Para que Foucellas sexa finalista deberá superar a Filloas por 16 ptos, pois, o empate favorece ao equipo mandarina. Todo é posible e as mandarinas de Foucellas ante estes supremos retos poñen todo o zume dentro do vaso. Ademais, vai ser equipo local na última xornada.

 

Agora, quedan para a última xornada dous Títulos en xogo. Individual Absoluto e Feminino. Abel Regueiro e Xan definirán quen sube ao primeiro chanzo e quen se queda no segundo. Son 6 ptos a favor do de Lúa. En canto á última praza de podio, Abel Ponte ten que defender 7 ptos de marxe sobre Lito e 11 sobre Moñas. As prazas de Finalista están practicamente decididas, pois Enrique ten 16 ptos de distancia sobre Roi, que é quen podería optar a esa última praza. Non obstante, sempre pode haber algunha baixa inesperada de algún xogador clasificado. Polo tanto, Roi, Toni, Marco, Luís Ares e Nolo deberán dar o mellor dos seus paláns para quedar no posto máis cercano a esas prazas de Finalista.

Na Categoría Feminina, Delia ten que conter o empuxe de Mercedes e Merche, pois son 8 ptos e 9 ptos de marxe sobre cada unha delas, respectivamente. Realmente, Delia ten o Título nas súas mans, xa que, tería que suceder algo inaudito ou insólito. Nas xornadas que coincidiron xogando a 3 xogadoras, a maior diferenza de ptos a favor dalgunha delas sobre Delia foi de 4 ptos. Entón, semella improbable ou inusitado que suceda o cambio de líder. Iso si, entre Mercedes e Merche pode suceder calquera cousa. Na última praza de Finalista tanto Pili, Tamara como Silvia van ser alternativa para desocupar a posición de Irene. Pensamos que se Irene xoga a última xornada vai defender esa posición con autoridade, mais, sempre queda a incertidume que ten a billarda cando sae voando.

 

FOTOS

ÚLTIMA XORNADA

22 XUÑO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *