Xoves, Xullo 10, 2025
ActualidadeXornada

Campo da Feira ganou a xornada e Edu García untou a torrada

No Campo de Vista Alegre, Soandres-A Laracha, disputouse a 16 xornada do Noroeste con tempo seco e ceo cuberto. Era a última ou penúltima oportunidade para Cochiqueiros de poñer algo de emoción ao final de liga. Non puido ser. A diferenza de 33 ptos co liderado foi unha barreira infranqueable para o equipo das Panteiras de Cerceda. Campo da Feira xogaba como local e mantivo o pulso firme. Houbo un empate a puntos, entón para decidir a vitoria habería que esperar ao ganador da xornada. Se fose un xogador de Cochiqueiros a vitoria iría para Cerceda, se fose un xogador de Campo da Feira a vitoria quedaría en Paiosaco. Edu de Campo da Feira ganou e levou consigo a vitoria cara a Campo da Feira. Matemáticamente non está decidido o título, non obstante, ninguén cre que se lle poida escapar ao equipo de Paiosaco. Quedan 2 xornadas e en herba, cousa que limita aínda máis a posible diferenza de puntos entre todos os equipos. Río Miño asegurou a terceira posición de podio final, sempre que non se durma nas dúas últimas xornadas. Filloas defendeu a cuarta praza da xeral e última posición de Finalista con solvencia e incluso se distanciou máis de Foucellas. Agora son 9 ptos a diferenza entre os dous equipos que se xogarán esta última praza ata o final. Foucellas ten potencial para asaltar esta posición e Filloas ten calidade para defendela. Entón, as dúas últimas xornadas van ser fabulosas. APB non está descartado matemáticamente para esa loita. De todas as maneiras son 33 ptos e moitas coincidencias terían que darse para que sucedese o case imposible.

En Equipos F Cochiqueir@s obtivo unha nova vitoria. O Título xa o ten na man. Agora, o equipo xa pensa nesa Fase Final da LGB, na que van intentar ser unha alternativa ao poderío feminino das Rías Baixas. Polo menos, aspiran a entrar no podio, obxectivo que non vai ser doado, xa que, todos os equipos F das Rías Baixas levan competindo máis temporadas. E olliño con Campo da Feira F e Río Miño F que poden dicir algo nesa Fase Final.

Nas clasificacións Individuais o asunto do Título é cousa de poucos. Na Categoría Absoluta, semella que estará entre Xan e Abel Regueiro e na Feminina entre Delia, Mercedes e Merche. En Infantil xa ten o Título Adrián. As posicións de podio Absoluto están nos paláns de Lito Pena, Abel Ponte, Moñas e Juan Carlos. En Feminina Chus e Esther van loitar por prazas de podio ata o final.

FOTOS

 

 

 

 

VINDEIRA XORNADA

CABANAS

8 XUÑO

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *