Xoves, Xullo 10, 2025
ActualidadeXornada

En Bueu ganou Lúa en categoría de Equipos e Cho en individual

Lúa de Forza ganou en Bueu e acércase ao liderado. Corredoiras quedou moi cerca da vitoria e defendeu a primeira posición. Agora son 5 puntos de vantaxe entre Corredoiras e o segundo clasificado Lúa. Gharaboto perdeu todas as opcións de título nesta xornada, xa que, perdeu 22 ptos sobre Lúa e 20 ptos sobre Corredoiras. A falta de dúas xornadas de liga o título disputarano o equipo de Bueu e o de Sanxenxo. Gharaboto ten asegurada a terceira posición. Armadiña quedou cuarto con 45 ptos, Valpaços foi quinto con 41 ptos. Rinoceronte foi sexto e Paquete Pinchas sétimo. A Clasificación xeral mantén unha incógnita, pero que incógnica. Quen será campión? As demais posicións están moi definidas. Así, o podio cérrao Gharaboto e a cuarta praza de finalista LGB 2024-25 será para Valpaços Terra Quente.

En Equipos Femininos venceu Corredoiras F por diante de Gharaboto F e de Lúa F. Unha grande actuación do equipo de Bueu que sorprendeu a Gharaboto F. O reforzo de Laura Brocos está dando froitos. O equipo vermello de Bueu forma un trío magnífico con Bego, Chefa e Laura, agora só faltaría completar o equipo cunha cuarta xogadora, para poder loitar polo título. Certo que Gharaboto F tivo as significativas ausencias da súa sección infantil, Antía, Sofía e Aldara. Lúa F tamén quedou por diante de Valpaços F, o outro equipo máis poderoso da Categoría. Armadiña F foi quinto. O nivel dos equipos femininos foi medrando. Gharaboto F e Valpaços F son os históricos equipos que desde o comezo tiveron un cadro numeroso de xogadoras. A temporada pasada Armadiña F formou un cadro numeroso de xogadoras e notouse a melloría. O equipo celeste xa ganou 2 xornadas de liga esta temporada e ten asegurada a terceira posición do podio final. Agora, Corredoiras F e Lúa F están reforzándose para ver se a próxima temporada se acercan ás posicións de podio.

A vitoria Individual Absoluta foi para Cho de Armadiña de Combarro, segundo quedou Luís Gon de Gharaboto de Marín e terceiro foi Álvaro do mesmo equipo. En Individual Feminina ganou Lu de Lúa, por diante de Bego e Chefa, as dúas de Corredoiras Bueu. En Infantil ganou Xián de Lúa, segundo foi Ían de Armadiña e terceiro Brais de Valpaços.

 

FOTOS

PRÓXIMA XORNADA

SOUTOMAIOR

7 XUÑO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *