Domingo, Febreiro 15, 2026
ActualidadeXornada

Lúa en equipos e Álvaro, Laura e Sofía en individual, triunfadores na xornada de Poio

A 15 xornada, que é a 14, pois a xornada 11 foi adiana no seu día e xogarase o vindeiro 24 de maio en Cambados, estivo marcada por ter que disputarse no pavillón do IES Poio. Si, a inestabilidade do tempo así o aconsellou. Neste tipo de superficies, a igualdade nas puntuacións marca os tempos e define as alegrías e tristezas por poucos centímetros.

Basta dicir que a vitoria de Lúa de Forza na xornada foi con 89 ptos, polos 88 ptos de Corredoiras e de Gharaboto. Así, un puntiño foi o que separou aos tres grandes equipos das Rías Baixas. Despois xa houbo máis diferenza con relación ao cuarto e quinto clasificados, Valpaços 72 ptos e Armadiña 68 ptos. En Equipos F pasou o de sempre, Gharaboto F ganou sen discusión, segundo foi Valpaços F e terceiro Corredoiras F, cuarto Armadiña F. O equipo de Sanxenxo, Lúa F moi lonxe das puntuacións de podio.

No terreo individual as puntuacións estiveron igualadas e poucas diferenzas houbo entre os primeiros clasificados e clasificadas da xeral. Así, a máxima puntuación foi a de Martín Caneda con 24 ptos, 23 ptos conseguiron Cho, Pena, Laura, Álvaro e Xan. Destacar a actuación soberbia e prodixiosa de Laura Brozos de Corredoiras, unha xogadora que se incorporou ao equipo na xornada 10, como quen día, hai un par de meses e xa disputou a súa primeira final. Ademais, coa segunda mellor puntuación da xornada. Coa súa incorporación e progresión, o potencial do equipo Corredoiras F aumentou tanto que calquera cousa é posible. Se o equipo de Bueu consegue completar cunha xogadora máis o trío glorioso de Bego, Chefa e Laura sería posible incluso que lle disputasen o título a Gharaboto F pensando na vindeira temporada. A verdade é que os Equipos F das Rías Baixas reforzáronse moi ben e son claros candidatos ao Título 2024-25 da Fase Final da LGB.

Despois de rematar a fase de grupos, na cal se definen as puntuacións totais, disputouse a Fase eliminatoria de cruces para establecer os podios da xornada. Nesta Fase eliminatoria os méritos feitos na Fase de grupos non axudan moito ou nada. O certo é que despois de disputarse os cruces eliminatorios de semifinais clasificáronse para a Final a 6 Antía, Álvaro e Suso de Gharaboto, Laura de Corredoiras, Taxeiro de Valpaços e Martín Caneda de Lúa.

Álvaro de Gharaboto foi primeiro, segunda foi Antía do mesmo equipo e terceiro Martín Caneda de Lúa. En Categoría Individual Feminina ganou Laura Brozos de Corredoiras, segunda foi Lu de Lúa e terceira Vanessa de Gharaboto. En Categoría Infantil, ganou Sofía de Gharaboto, segundo foi Brais de Valpaços e terceiro Ían de Armadiña.

PODIOS

PUNTUACIÓNS

FOTOS

PRÓXIMA XORNADA

24 MAIO

CAMBADOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *