CORREDOIRAS impón a súa lei e Charri segue sendo o Rei
A xornada 14 da Liga Galega de Billarda Rías Baixas chegou a Bueu coa intención de gardarse da choiva. Que mellor sitio que o pavillón de Beluso. A superficie de caucho deste pavillón non é tan propicia, coma outros pavillóns, para a fina arte do essss… VARADO. Quedou demostrado unha vez máis. Fixéronse só unha decena de Varados. Iso si, as puntuacións foron xenerosas e ata 12 xogadores e 2 xogadoras chegaron ao limiar da vintena de puntos ou superárono. O equipo local Corredoiras Bueu (90 ptos) demostrou que está nun momento de forma insuperable para os seus rivais.
O equipo de Bueu estase reforzando moito e ben con nenos e nenas en idade escolar que están respondendo con puntos. Así, debutaron Iago e Mateo nesta xornada e quedaron segundo e terceiro na categoría Infantil. Ademais, Diego e Julia están dando os seus primeiros golpes tamén e apuntan ben e dereito. Por suposto, as 4 mellores puntuacións que sumaron para o equipo foron as de Novas, Fari, Outeiro e Bego, os 4 por enriba dos 20 ptos. Desta maneira, puxeron as cousas no seu sitio. Así, ganou a xornada por diante de Lúa de Forza Sanxenxo (88 ptos) e de Gharaboto de Marín (86 ptos). En Lúa sumaron Xan, Sergio, Martín Caneda e Lu. O equipo verde quedou a 2 ptos de Corredoiras. Cousa de centímetros como sucede moitas veces na billarda. Para Gharaboto sumou, Álvaro, Ricardo Lois, Piru e Luís Gon. Tampouco quedou lonxe o equipo azul, a 4 ptos de Corredoiras e a 2 ptos de Lúa. Valpaços Terra Quente de Vigo (76 ptos) foi cuarto. Albino Veiga con 25 ptos foi o máis destacado de Valpaços. Sumaron tamén para o equipo de Vigo, Taxeiro, Belmira e Fito. Quinto quedou Armadiña de Combarro (58 ptos), cos puntos de Machi, Cho, Gael e Papi. En sexta posición quedou Rinoceronte (33 ptos), con José Manuel, Gonzalo e Lola e sétimo Paquete Pinchas (16 ptos) cos puntos de Salgue.
En Equipos F o líder intratable Gharaboto F volveu vencer e convencer. Desde o comezo da temporada só Armadiña F foi quen de derrotar ao equipo de Marín en algunha xornada. O seu potencial está libre de debilidades. Aínda así, desta vez, Valpaços F estivo cerca, moi cerca de inquietar ás xogadoras de Gharaboto, pois foron 5 ptos de diferenza entres os dous equipos. Armadiña F foi terceiro, cuarto Corredoiras F e quinto Lúa F, sexto Rinoceronte F. Na Clasificación Xeral, Gharaboto F mantén unha distancia sideral sobre o segundo clasificado que é Valpaços F. Na terceira posición Armadiña F mantén posición e non descarta intensificar a marcha para poder achegarse ao equipo de Vigo. Son demasiados puntos para pensar nesa segunda posición, mais o equipo celeste mantén a regularidade e parece o único equipo capaz de arrebatarlle algunha vitoria en xornada a Gharaboto F. Corredoiras F e Lúa F teñen que pensar en reforzar o seu cadro de xogadoras para acercarse algo aos 3 grandes equipos da categoría.
No aspecto individual, a final tivo color vermella de Corredoiras, xa que, dos 6 finalistas 4 eran deste equipo, Fari, Malvido, Charri e Beni. Só Sofía de Gharaboto e Fito de Valpaços poñían cor diferente á vermella na final.
Na Categoría Absoluta, Charri venceu, seguido de Malvido e terceiro foi Beni. Podio completo de Corredoiras. Na Individual Feminina, ganou Sofía de Gharaboto, segunda foi Bego de Corredoiras e terceira Machi de Armadiña. Na Infantil, primeiro foi Iago de Corredoiras, segundo Mateo Rodríguez do mesmo equipo e terceiro Xián de Lúa.
Despois de sumar os puntos desta xornada na Clasificación Xeral Absoluta podemos deferenciar tres zonas ben definidas. A zona máis alta sería a da loita polo Título e polas prazas de podio. a T-1. O Título parece moi decidido a favor de Xan. Entón, quedarían as prazas segunda e terceira do podio, que de momento Charri ten moi de cara, pois supera a Novas en 10 ptos. Álvaro está a só 8 ptos de Novas. Albino está quinto e mantén algunha pequena opción de acercarse. Despois estaría a zona Tranquila, a T-2, con xogadores que teñen poucas posibilidades de entrar en podio e teñen aseguradas as prazas de Finalistas LGB 2025. Aquí están, Piru, Juanchi, Salgue, Beni, Outeiro, Ricardo Lois e Bego. Agora chegaría a zona de Turbulencias, a T-3. O factor determinante destes lugares é a máxima igualdade. Polo tanto, non se pode asegurar nada de momento, desde Taxeiro, que ocupa o posto 13, ata Malvido, que ocupa a última praza de finalista na posición 20, hai 14 ptos nada máis. E ollo que por detrás destas prazas aparecen Chefa, Guto, Martín Caneda, Gerardo e Cho con todo por ganar. 13 ptos separan a Cho na posición 25 de Malvido na posición 20 e última posición que clasificaría para a Fase Final LGB 2025.
Na Categoría Individual Feminina a cousa está moito máis emocionante en canto ao Título. Desta maneira, Bego ten unha marxe de 9 ptos sobre Lu e 14 sobre Antía. Cousa que nos permite confirmar que aínda hai Liga, como se adoita dicir en deporte. Ainhoa e Chefa están demasiado lonxe para optar ao Título, pero están a unha distancia conveniente para disputar as prazas de podio. Entre estas 5 xogadoras vai estar o Podio final, iso seguro. Despois, temos a T-2 con palanadoras que non van ter demasiados problemas para clasificarse para a Fase Final. Nesta zona están Yolanda, Tania, Elena González, Sofía, Belmira e Machi. Finalmente, chegamos á zona de maior intensidade e incertidume a T-3. Vanessa ocupa a última posición de finalista, pero, ten detrás esperando calquera debilidade da de Ribadumia a Casilda a 3 puntiños, Mónica Padín a 9 ptos, Lita a 12 ptos e Marisa a 15 ptos.
Na Individual Infantil o peixe está todo no conxelador. Antía ten de cara o Título e Xián terá que defender a segunda posición, pois Sofía chega con velocidade por detrás. Estes son os 3 máximos representantes desta categoría. Os demais están moi lonxe.