Venres, Maio 16, 2025
ActualidadeXornada

CORREDOIRAS ganou con arte e maña no campo de terra de Moaña

Corredoiras Bueu levouse unha vitoria de prestixio e digamos que case definitiva para o Título, pois, os seus seguidores Lúa e Gharaboto non tiveron unha tarde acertada no golpe. O campo de terra do parque de Samertolameu en Moaña foi demasiado esixente para todos os equipos ou case todos. De entre as dificultades emerxeu a cor vermella de Corredoiras cunha forza sobrehumana. Non hai que ter moito entendemento para identificar o éxito do liderado e consolidación do equipo de Bueu nas últimas xornadas. Despois dun comezo de temporada dubitativo, sempre por detrás de Gharaboto e Lúa, o equipo corredor centrouse en consolidar a sección F e a sección Infantil pensando no futuro. Actuación que lle saiu mellor do esperado, pois esa vitamina de novas e novos talentos conseguiu revitalizar tamén ao resto de integrantes do equipo. En definitiva, as incorporacións de Laura Brocos e dos infantís, Diego Gil, Xián Estévez e Darío Villanueva foron un grande acerto. Agora, a clasificación xeral está moi a favor de Corredoiras, pois, avantaxa en 22 ptos, tanto a Lúa como a Gharaboto, que están os dous coa mesma puntuación.

Corredoiras ganou grazas aos puntos de Charri, Novas, Beni e Fari. O equipo revelación da xornada de Moaña foi Armadiña, xa que subiu ao segundo chanzo do podio por diante dos todopoderosos Lúa e Gharaboto. A actuación magnífica de Cho foi secundada por Rial, Ainhoa e Papi. Terceiro quedou Lúa coas puntuacións de Xan, Juanchi, Gerardo e Xián. Cuarto foi Gharaboto cos mesmos puntos que Lúa. Sumaron Elena, Piru, Antía e Luís Gon, ou sexa, a familia, Gonzalez Puente. En quinta posición quedou Valpaços cos puntos de Albino Veiga, Tania, Belmira e Taxeiro. Sexto foi Rinoceronte con José Manuel e Lola e sétimo Paquete Pinchas cos puntos de Salgue.

A vitoria da xornada foi para o Raio Verde Xián, segundo quedou o Got Talent Charri e terceiro foi Piru. Sumados os ptos desta xornada a Xeral Individual Absoluta queda con Xan como líder destacado, debido sobre maneira á ausencia de Álvaro. Agora, Charri é o que ocupa a segunda posición con 16 ptos máis que Novas e 21 máis ca Álvaro que é cuarto. O Got Talent de Beluso está nun momento excelente de forma e incluso está pensando en acercarse ao liderado. Está sendo o xogador máis en forma deste último mes. Imos ver se non aparece ningunha viaxe na axenda de Charri que lle corte a súa traxectoria ascendente e lle impida disputar algunha xornada de aquí ao final de temporada. Incluso se comenta que Álvaro está tramitando, nunha prestixiosa axencia de viaxes de Sanxenxo, uns billetes de ida para Cancún con todos os gastos pagados para Charri e familia. Viaxe con saída a semana que vén, só de ida !

Ademais, das posicións de podio que se repartirán entre eses catro xogadores. As posicións de finalista LGB, que actualmente son 20 prazas, están no aire, pois, desde a posición 11 que ocupa Ricardo Lois e a 26 que ocupa Martín Caneda hai 29 ptos e faltan 6 xornadas. Daquela, calquera ausencia ou calquera resultado adverso dalgún destes xogadores e xogadoras pode producir un cambio nesas prazas. Tendo en conta que as condicións climatolóxicas teñen a súa influencia nos resultados, debido a que non é o mesmo conseguir puntos en exterior de cemento, de herba natural, de terra, de herba artificial que facelo en interior nunha superficie de cemento ou caucho.

Así como, que para esa Fase Final do último sábado de xuño pode haber ausencias dalgún xogador ou xogadora que estea clasificada e non poida acudir por circunstancias persoais. Entón, as prazas de finalista poderían chegar ata máis abaixo na xeral. Polo tanto, canto mellor clasificada/o se quede máis opcións de entrar en praza de finalista.

A máxima puntuación da xornada en Feminina foi a de Elena González, a 1 punto quedaron Ainhoa e Antía. A líder Bego acadou 12 puntos, xustos para manter o liderado ante o empuxe de Antía, que se sitúa a 1 puntiño da de Cela. Lu e Ainhoa están a 7 puntos da primeira praza e métense como candidatas ao título. E olliño con Chefa, pois a unha campioa da LGB hai que tela en conta sempre e só está a 13 ptos do liderado.

   PTOS 13 xor MOAÑA                                                                             CLASIFICACIÓN XERAL

 

 

Na Categoría Infantil a cousa está bastante ou demasiado decidida, porque hai 38 ptos de distancia entre Antía e Xián e aínda que o Raio queira reducir esa diferenza e teña potencial para facelo, Antía está nun momento de xogo magnífico e sería algo extraordinario ou sobrenatural que Xián inquietase o seu liderado, salvo circunstancias alleas ao eido deportivo. Sofía e Aldara disputaranse esa terceira posición do podio.

As Clasificacións de Equipos están diverxentes. Isto é, en Equipos F, o título está decidido e ben decidido para Gharaboto F. En Equipos A a loita continúa, agora cunha boa vantaxe de Corredoiras. O interese tamén está na zona do cuarto e quinto posto, xa que, esta praza cuarta

permite ser finalista LGB. Certo que Armadiña está moi lonxe, mais, quedan xornadas por diante, concretamente, 6 xornadas. Facendo un cálculo estimativo, o equipo celeste de Combarro só tería que sacarlle 9 ptos a Valpaços en cada unha das 6 xornadas que faltan por disputarse. Algo ao seu alcance, sirva como exemplo esta xornada de Moaña, na que Armadiña fixo 14 ptos máis que o equipo da Terra Quente. En Equipos F, as posicións están consolidadas e de aquí ao final prognosticamos que non haberá ningún cambio.

PODIOS

 

FOTOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *