Venres, Maio 16, 2025
ActualidadeXornada

CORREDOIRAS, non estaba morto estaba de…scansando

O campo de herba artificial da Senra presenciou o enésimo cambio nas posicións de honor da clasificación de Equipos. Desta vez foi Corredoiras o equipo que ascendeu desde a terceira posición da xeral ata situarse líder. A única vez que fora líder sucedera na segunda xornada. Certo é que o equipo de Bueu nunca se distanciou demasiado desa posición de privilixio. Ademais, o equipo vermello é o gran favorito para o Título, o extraño era que non mandara na xeral con autoridade. Agora, Lúa que partía a xornada como líder baixou ata a segunda posición empatado a puntos con Gharaboto. A distancia que colleu Corredoiras nesta xornada é considerable, mais non definitiva. Corredoiras levouse a xornada con máis facilidade da esperada. Lúa desfondouse e Gharaboto mantivo o tipo grazas á súa sección F. Valpaços liderado por Albino Veiga estivo moi ben. Cochiqueiros, equipo do Noroest,e non notou para nada a pesada dixestión. Armadiña segue sustentado na sección F. Paquete Pinchas e Rinoceronte baixo mínimos fixeron o posible e case o imposible. Un dato interesante a analizar é a puntuación de Gharaboto F. Si, 67 ptos, que supoñerían a cuarta posición de Equipos Absolutos, a un só punto do todopoderoso Lúa de Forza. Isto indica o potencial tremendo de Gharaboto F.

 

Actas

As Clasificacións Xerais están en vermello ou ardendo, tanto para decidir os títulos como as prazas de finalistas LGB que dan dereito a participar na Fase Final da LGB do 28 de xuño. O único Títulos de Conferencia Rías Baixas que está decidido é o da Categoría Equipos F, xa que, Gharaboto F mantén un dominio absoluto e ningún equipo actualmente está en disposición de ser unha seria ameaza. Tanto Valpaços F como Armadiña F están moi lonxe e ao único que poden aspirar e a ganar algunha xornada, como xa fixera Armadiña F. Si, a única xornada que non ganou Gharaboto F foi para Armadiña F.

Na Categoría Equipos a cousa é moi diferente. As tres grandes dornas das Rías Baixas están desde comezo de temporada nunha regata preciosa. Xa pasaron os tres equipos polo liderado e tamén pola terceira posición e pola segunda. Un constante relevo que mantén a emoción. Nunca antes na historia da Liga a estas alturas de temporada había tan pouca diferenza entre os tres equipos. Coa puntuación desta xornada Corredoiras estirou un pouco os números. Agora, son 7 ptos de marxe os que ten sobre Lúa e Gharaboto. 7 xornadas por diante e todo por decidir.

Na Categoría Individual Infantil, as cousas puxéronse moi de cara para Antía, pois a ausencia de Xián xunto cos 15 ptos de antía nesta xornada elevaron a distancia entre os dous a máis de 30 ptos. Sofía que vén por detrás deles xa está a 2 ptos de Xián. Pensamos que o Título está moi cerca da xogadora de Gharaboto e o segundo posto quedará para decidir entre o de Lúa e Sofía.

Na Categoría Individual Feminina a ausencia da líder Bego fixo que a cabeza da táboa se comprimira ao máximo. Bego mantén o liderado, mais por detrás acercáronse Antía, Lu, Ainhoa e Chefa. Desta maneira, entre elas hai só 12 ptos de distancia. Antía sitúase a 3 ptos da líder Bego, Lu a 6 ptos, Ainhoa a 9 ptos e Chefa a 12 ptos. Cinco xogadoras con opcións reais de título. Despois, hai que mirar con lupa a zona de finalistas LGB. Que de momento está en 13 prazas para participar nesa Fase Final LGB. Como as prazas se otorgan por porcentaxe de participación do total de todas as xornadas desta temporada, pois, pode haber unha praza máis ou unha praza menos desa cifra. De momento Vanessa está nesa última posición.

Na Categoría Individual Absoluta Charri deu un salto de calidade e situose segundo despois de facer unha xornada case perfecta con 25 ptos. O de Corredoiras empata con Álvaro, pero está por diante debido ao maior número de vitorias en xornadas de liga. Certo que o liderado quédalle moi lonxe aínda. Son 24 ptos de marxe os que mantén Xan sobre eses dous xogadores. Os demais quedan lonxe para ter posibilidades de Título. Entre eles tres estará o campión 2024-25. A disputa para ser finalista LGB 2025 vai ser constante ata a última xornada. A posición 20, que actualmente ocupa Gerardo, é a última para entrar nesa Fase Final LGB. Grandes palanadores están moi cerca de Gerardo, tanto como Guto a 3 ptos, Malvido a 5 ptos, Luís Gon a 7 ptos, Martín a 8 ptos e Tania a 10 ptos.

Podios

1ª ALDARA 2ª CHEFA 3ª ANTÍA
1º XAN 2º COLLAZO 3ª SOFÍA
1º BRAIS 2º MARCO 3º GAEL

FOTOS

PRÓXIMA XORNADA

29 MARZO

MOAÑA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *