CORREDOIRAS gana en Poio e ARMADIÑA F dá a sorpresa en Equipos Femininos
O campo de Billarda da Reiboa en Poio non foi xeneroso coas puntuacións como adoita ser tradición. Así, o equipo ganador da xornada apenas superou os 70 ptos e nas categorías individuais, só dous xogadores acadaron os 20 ptos. Non obstante, esta dureza e dificultade do terreo de xogo non foi obstáculo para que Corredoiras ganase a xornada por diante do líder Gharaboto. Esta gande actuación do equipo de Bueu veu da man de Novas 20 ptos, Charri 18 ptos, Pena 17 ptos e 16 ptos Malvido e Bego. 71 ptos totais.
Gharaboto non quedou atrás e obtivo un punto menos que Corredoiras 70 ptos, Luís Camiña, 19 ptos, Suso 18 ptos, Álvaro 17 ptos e Ricardo Lois 16 ptos. Mantén o liderado o equipo de Marín.
Lúa de Forza, que iniciaba a xornada en segunda posición foi o gran perxudicado da xornada. Obtivo un total de 63 ptos, mentres os seus máximos rivais alcanzaron a barreira dos setenta. Xan 20 pt0s, Chicho 16 ptos, Lu 15 ptos e Albino 12 ptos sumaron para o equipo.
Armadiña sumou 54 ptos, con Ainhoa 15 ptos, Rial 14 ptos, Papi 13 ptos e Cho 12 ptos. O equipo celeste estivo ben no seu obxectivo clasificatorio que non é outro que intentar esa cuarta praza que dá dereito a participar na Fase Final da LGB. Praza que ten bastante lonxe aínda, mais nas últimas 3 xornadas restou 11 ptos da desvantaxe que tiña.
Valpaços chegou aos 43 ptos, que sumaron Albino Veiga 14 ptos, Taxeiro 11 ptos, Yolanda 10 ptos e Guto 8 ptos. O equipo de Vigo está nunha posición cómoda para lograr a súa meta que é lograr esa cuarta posición que supón acceder á Fase Final LGB. As posicións de podio están case inalcanzables e a quinta posición non é ameaza, polo momento.
Paquete Pinchas sumou os ptos de Salgue, 14 ptos e Rinoceronte sumou os 12 ptos de Gonzalo.
Nas Categorías Individuais, ganou Xan de Lúa en Absoluta, por diante de Álvaro de Gharaboto e de Chicho de Lúa. En Feminina, foi primeira Bego de Corredoiras, segunda Lu de Lúa e terceira Ainhoa de Armadiña.
Na Clasificación Xeral despois de chegar ao ecuador da temporada, 9 xornadas, Gharaboto continúa de líder sólido e resistente. Estivo durante moitas xornadas aguantando o acercamento de Lúa, que chegou a estar a 1 pto e agora ten a Corredoiras como maior ameaza. Lúa caeu ata a terceira posición. Valpaços tivo unha xornada discreta e mantense en cuarta posición. Armadiña é quinto a moita distancia. Desta maneira, aínda que o equipo de Combarro superou ao de Vigo en 12 puntos quédalle moito por recuperar. Paquete Pinchas e Rinoceronte continúan cerrando a clasificación.
En Equipos F, Armadiña F deu un paso máis na súa carreira para achegarse a esa segunda posición da xeral que ocupa Valpaços F. Unha misión nada fácil, pois o equipo morado de Vigo ten 22 ptos de marxe. Non obstante, o desempeño nesta temporada do equipo de Combarro está sendo magnífico e xa ten como obxectivo inmediato seguir ganando xornadas. O único equipo que evitou o pleno absoluto de vitorias de Gharaboto F foi o equipo celeste e fíxoo nada máis e nada menos que en dúas xornadas.
Nas Categorías Individuais, mantéñense as 3 primeiras posicións do podio, tanto en Absoluta con Xan de líder, seguido de Álvaro a 22 ptos e Charri e Novas a 27 ptos. Na Individual Feminina, Bego sacou vantaxe sobre a segunda posición de Antía e agora ten 22 ptos de marxe. Lu e Ainhoa acercáronse a Antía. Lu está a 2 ptos e Ainhoa a 7 ptos da xogadora de Gharaboto. Na Individual Infantil tampouco houbo cambios, Antía lidera con 35 ptos sobre Xián e Sofía está a 45 ptos.
Actas


Xogadas a metade das xornadas da temporada podemos dicir que de momento as prazas de finalistas, as que dan dereito a participar na Fase Final da LGB do 28 de xuño, son 20 en Categoría Absoluta, 12 en Feminina e 4 en Equipos. Sempre cos datos estatísticos de participación das 9 primeiras xornadas, tanto no Noroeste como nas Rías Baixas. Polo tanto, para o Noproeste serían, a día de hoxe, 16 en Categoría Absoluta, 6 en Feminina e 4 en Equipos. De aquí ao final de temporada poden moverse eses números de participación que lle corresponden a cada Conferencia, mais non vai ser un cambio significativo. Unha praza arriba, unha praza abaixo como moito. Deste xeito, xa hai que ir collendo posicións.
Fotos