Mércores, Marzo 26, 2025
ActualidadeXornada

CAMPO DA FEIRA foi ganar a Cerceda e COCHIQUEIROS quedou sen cea

A xornada novena do Noroeste xogouse no Campo O Adro (Rodís-Cerceda). O equipo local Cochiqueiros preparou a conciencia o terreo para que estivese nas mellores condicións. É ben sabido que o equipo das Panteiras de Cerceda gusta de terreos húmidos e fértiles para correr detrás das billardas. Ben, non controlaron demasiado o tempo de uso dos aspersores e o terreo quedou cunha migalla de lama. En fin, a artimaña parecía correcta para beneficiar o seu xogo e prexudicar o xogo dos rivais. Pero, ás veces as boas intencións vólvense rabudas e esta foi unha desas ocasións.

A xornada ganouna Campo da Feira que recortou 3 ptos na Xeral. Segundo foi Foucellas que na dúas últimas xornadas está en números de podio. Terceiro quedou o líder Cochiqueiros, que tivo unha actuación correcta. Pero, claro, xogando na casa e nas condicións de humidade e lama que lle gusta podemos considerar unha pequena decepción que dous equipos quedaran por diante das Panteiras. Amais, a decepción foi dobre, xa que, tiveron que suspender a cea que tiña previsto o equipo para celebrar a vitoria. Non se pode cazar a gacela antes de vender a cea ou algo parecido, di o refrán.

Cochiqueiros continúa líder con 11 ptos por enriba de Campo da Feira, terceiro segue APB e cuarto Río Miño, xa a 15 ptos do equipo da Laracha. Quinto continúa Filloas de Sangue, agora a 14 ptos de Río Miño. Ao mesmo tempo, na sexta posición, Foucellas xa está a 1 só punto do equipo da Coruña e, polo tanto, a 15 de Río Miño. A clasificación está moi definida en dúas zonas. A zona noble coa loita polo título entre as Panteiras de Cerceda e Campo da Feira de Paiosaco e a zona de podio e de praza para participar na Fase Final da LGB. Esta zona é a máis disputada, xa que, os últimos resultados de Foucellas fan que tamén entre na loita.

Nas Clasificacións Individuais, salientar que Bonxe ademais de ganar a xornada sacou algún punto máis de vantaxe sobre a maioría dos seus perseguidores e agora supera a Abel Regueiro en 7 ptos. Xan sitúase en terceira posición e Abel Ponte cae ata a cuarta praza. Riveiro tamén ascende e xa é quinto. O Campión Galego, Marco, non estivo lúcido na elección do calzado e falloulle a tracción en moitos golpes, porque seica durmir durmiu as súas catro horiñas e pico. Moñas e Lito estiveron regular sen chegar aos 15 ptos que se supón a puntuación mínima neste tipo de superficies para xogadores da Z-10. Outros destacadas actuacións foron as de David que xa entra na Z-10 (zona 10 da clasificación), o mesmo que Miranda, quen a cerra. Na feminina, Delia deu un estiron aos primeiros postos. Continúa líder, mais con 7 ptos de marxe sobre Merche e Mercedes. Irene continúa coa súa lesión espiritual e tanto Chus como Esther, compañeiras de equipo xa lle deron caza. Tamara, Pili, Sonia e Noa cerran a Z-10. En Infantil, Aleixo defendeu o liderado ante o empuxe de Adri, iso si, deixou polo camiño 2 ptos na lama. Agora, Adri está a 3 ptos do xogador de Cochiqueiros. Izan tamén avanzou ata a cuarta posición, por diante de Braulio.

ACTAS

 

PODIOS

1º-ALEIXO BELLO 2º-ADRIAN DARRIBA 3º-IZAN DÍAZ
1ª-DELIA CORNIDE / 2ª-MERCHE CASTRO / 3ª-MERCEDES VEIGA
1º-“BONXE” CARLOS PARDO / 2º-XAN RODIÑO / 3º-ABEL PONTE

FOTOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *