COCHIQUEIROS foi ganador, grazas ao despertador
A Pista de Castro-Laxe en Vilaboa (Culleredo) ten unha superficie de cemento rugosa que non permite que as billardas esvaren con facilidade. Cousa que se notou nas puntuacións. Non houbo o enchenta de puntos como na xornada anterior do pavillón da Laracha na que ata 5 equipos superaran os 80 ptos. Desta vez, ningun chegou aos 80 ptos. No plano individual sucedeu algo similar. Tan só 10 xogadores estiveron na vintena de ptos. Destes, destacar a Lito e Riveiro con 26 e 25 ptos respectivamente. Entre as mulleres, as puntuacións foron mellores que ás da xornada anterior. Así, a máxima puntuación foi 17 ptos de Delia. Despois, destacaron tamén os 14 ptos de Merche e os 13 ptos de Pili.

Ademais, houbo algún escorregazo inesperado entre os primeiros clasificados. Aínda que por motivos diferentes, tanto o líder Bonxe como Abel Ponte, ata esta xornada terceiro clasificado, tiveron que contentarse con 9 ptos e 12 ptos respectivamente. Algo sorprendente, xa que, estas pistas de cemento para quen se xoga Título son pistas nas que non se pode fallar e normalmente non se falla. Desta vez, a deficiente actuación de Bonxe foi debido a unha sobrecarga nos músculos isquiotibiais da perna esquerda. Sobrecarga en todos os isquios que se teñan na perna, foi o que transmitiu o equipo canario nunha nota de prensa posterior. Tempo de recuperación, aproximadamente entre 1 días e 48 horas. O que tarde en regresar á casa, que leva 2 días de turismo pola comarca da Coruña.

O caso de Abel Ponte foi moi diferente. Xogou 3 carreiras e fixo 12 ptos, ou sexa 4 ptos en cada carreira. O normal para estas pistas. Se xogara as 5 carreiras podemos intuír que faría outros tantos ptos en cada unha delas, senón algún máis. Entón, que pasou? Pois, unha confusión á hora de poñer o espertador. No canto de poñer a alarma ás 10 horas fóiselle a man e saltou do cero ao un. Si, as 11 h, aínda que se parece nun 50% ás 10h… pois, iso. Tampouco está claro, que fora Abel quen puxera a alarma. Vaia, que non queremos aventurar unha hipótese que non teña fundadas esperanzas de ser certa. Todo se saberá. Incluso que man negra foi a que manipulou o reloxo espertador.
Despois de sumar os puntos desta xornada as clasificacións xerais nos seus primeiros postos mostran que a igualdade vai ser un común denominador de aquí ao final de temporada. Así, na Infantil continúa Aleixo de líder empatado con Noa. Adrián faltou a esta xornada e distanciase un pouco. Roy Torres, Izan e Braulio mantéñense cerca. Na Individual Feminina, a ausencia de Irene provocou que Delia a superara na xeral. Agora ten 4 ptos sobre Irene e sobre Merche, quen tamén aproveito a xornada para meterse na loita polo Título. Chus faltou e quédase a 7 ptos da última praza de podio. Agora, calquera das 4 primeiras poderá alzarse ao liderado na seguinte xornada, pois son 4 ptos de distancia entre elas. Esther fixo 10 ptos que lle serviron para manterse ao acubillo desas prazas de podio. As demais están algo lonxe desas prazas. Na Individual Absoluta, as baixas puntuacións de Bonxe e de Abel Ponte, deron oportunidade aos perseguidores. Abel Regueiro mantivo o tipo e agora ten a tiro de carreira o liderado. Ademais, a próxima xornada do 12 de xaneiro será en Cerceda. Todo pode pasar, incluso que haxa unha Panteira no liderado despois desa novena xornada. Quen sabe? Marco xa superou a Abel Ponte na terceira posición e sitúase a 10 ptos do líder. O Campión Galego continúa acelerando e non lle chega con ocupar podio, quere aspirar ao Título. Lito e Riveiro acércanse á zona de podio e Xan mantense na quinta posición, iso si, algo máis cerca do podio. Moñas, Xulio e Juan Carlos cerran as posicións da zona dez e manteñen as opcións de acercarse ao podio.
Cochiqueiros fixo un total de 79 ptos. Sumaron para o equipo Viqueira 22 ptos, Marco 20 ptos, David 20 ptos e Abel Regueiro 17 ptos. Os mesmos puntos fixo Campo da Feira, sumando Edu (1 varado), Moñas (1 varado) e Enrique 20 ptos cada un e Juan Carlos 19 ptos. Ganou a xornada o equipo das Panteiras de Cerceda pola maior puntuación dun dos seus xogadores, Viqueira 22 ptos. De todas as maneiras abrironse dilixencias informativas para aclarar ese retraso de Abel Ponte e Óscar Ponte que lles impediu xogar as dúas primeiras carreiras, por se fose constitutivo de sabotaxe ou algo peor. Ademais, Abel Ponte foi a caer no grupo 4, o primeiro en xogar na pista 2, que coincidencia. Si, normalmente Óscar e Abel suman para o equipo e suman bastante. Deste vez non foi así. A pesar de todo Campo da Feira estivo a piques de recortarlle puntos ás Panteiras. Estaremos pendentes destas investigacións. Seica hai un vídeo dunha cámara dun local de Paiosaco que captou a entrada na vivenda dos Ponte dunha persoa coa cabeza envolta nun pasamontañas. Estase traballando na identificación desa persoa. Ao parecer a súa identificación vai ser doada, xa que, da parte de atrás do pantalón caíalle un rabo de cor rosa.

Terceiro foi Foucellas con 74 ptos, coa actuación estelar de Lito 26 ptos e 2 varados. Sumaron tamén, Alberte, Toni e Collazo 16 ptos cada un. Cuarto foi Filloas de Sangue con 70 ptos. Sumaron 19 ptos Miranda, 18 Playa, 17 Josecho e 16 Insua. Quinto quedou APB con 64 ptos. O equipo da Laracha presentou un cadro de xogadores baixo mínimos e menos mal que Riveiro tomou o mando e fixo 25 puntazos e 1 varado. Cotelo achegou 20 ptos, Merche 14 ptos e Jorge 5 ptos. A sexta posición foi para Río Miño con 61 ptos. O desfeita da Canariña da Terra Chá puido ser moito peor. Foron Delia e Pili as que salvaron os mobles e a neveira. Así, sumaron Delia e Pepe Outeiro 17 ptos cada un, Nolo 14 ptos e Pili 13 ptos. Si, o líder tomouse a xornada de relax. Bonxe fixo 9 ptos, cousa que fala ben as claras de que viaxar no día anterior non sempre da bos froitos. En fin, tiña tanta distancia na xeral que vai comer o turrón e empezar o 2025 co liderado. As Panteiras mantéñense firmes e non deixan que Campo da Feira lles coma terreo. Superaron esta xornada crítica, pois para o equipo de Cerceda as datas de Nadal son malas compañeiras dos bos resultados. Si, bastantes comidas familiares e de empresa e de club e de asociación e … demasiadas bebidas. E sobre todo, que se mete o sol ás seis da tarde e a escuridade e a noite confúndeos. En fin, que manteñen a primeira posición. Campo da Feira respira a 14 ptos das Panteiras, distancia que nunha xornada se pode superar, polo que non se pode permitir ningún fallo groseiro. APB tivo unha boa actuación, tendo en conta as ausencias de varios xogadores clave. Están nunha terceira posición, que podemos considerar cómoda. O cuarto posto que dá dereito a participar na Fase Final da Liga Galega 2025 é a que ten máis pretendentes. Neste momento está en poder de Río Miño, pero Filloas está a 5 ptos e Foucellas que parecía sen opcións xa está a 16 ptos. Estes son ptos e distancias que nunha xornada pódense reducir. Polo tanto, está preciosa a liga, tanto na loita polo Título como nesas prazas 3 e 4 de finalista.
PODIOS



ACTAS
FOTOS