GHARABOTO GANA A LIGA ATLÁNTICA DE BILLARDA RÍAS BAIXAS
Un punto, si un só punto de vantaxe sobre Lúa de Forza Sanxenxo deulle o Título de Conferencia Rías Baixas a Gharaboto de Marín. Houbo que esperar ata o último golpe da última carreira para saber quen se levaba o título. Desenlace con incertidume, pois nun primeiro momento semellaba que Lúa ía aguantar os 2 puntos que tiña de vantaxe antes da última xornada, mais non puido ser.
A derradeira xornada disputouse nas magníficas instalacións do Campo de Fútbol de Santa María de Xeve e cada golpe soaba coa intensidade precisa e a trascendencia necesaria. Coas primeiras carreiras disputadas xa se intuía que a resolución do Título estaría en moi poucos puntos e así foi. Nesta xornada participaron 2 equipos da provincia da Coruña, Campo da Feira de Paiosaco e Cochiqueiros de Cerceda. Tiveron unha actuación digna e incluso un xogador de Cochiqueiros, Abel Regueiro a piques estivo de ganar a xornada (foi segundo).
Por outra beira, tamén o Título Individual Feminino estaba no aire. Lu tiña unha cómoda vantaxe de 9 ptos sobre Tania e todo presaxiaba que a de Lúa ía manter o liderado e facerse co Título. Aínda así, no último golpe da última carreira Lu conseguiu o Título, xa que, unha descomunal Tania fixo 22 ptos, cousa que obrigaba a Lu a facer como mínimo 13 ptos. Ben, a falta dunha carreira por xogar Lu tiña 12 ptos, ou sexa, tiña que entrar na última carreira. Pois dito e feito, a de Lúa deulle emoción. Chegou o último golpe da última carreira e… a 10 metros do varal golpeou a billarda coa alma e … “foi polo aire e veu polo vento”. A billarda entrou e o Título chegou.
Todos os outros Títulos xa estaban decididos antes desta última xornada. O ganador da última xornda disputada en Xeve foi Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo, segundo foi Abel Regueiro de Cochiqueiros de Cerceda e terceira Tania de Valpaços Terra Quente de Vigo.
Na Categoría Individual Feminina venceu Antía de Gharaboto de Marín, segunda foi Mónica Padín do mesmo equipo e terceira Ainhoa de Armadiña de Combarro.
Na Categoría Individual Infantil ganou O Raio Verde Xián de Lúa, segundo foi Leo de Gharaboto e terceiro Ían de Armadiña.
En Categoría de Equipos A ganou Gharaboto F, segundo foi Valpaços F e terceiro Armadiña F. En Categoría Equipos Absolutos ganou t, segundo foi Valpaços e terceiro Lúa. Despois de sumar os ptos desta última xornada, os podios finais da Liga Atlántica de Billarda Rías Baixas quederon deste xeito:
Categoría Individual Absoluta: Campión XAN RODIÑO, Subcampión ÁLVARO OTERO, 3º LUÍS GONZÁLEZ “PIRU”
Categoría Individual Feminina: Campión LU TORRES, Subcampión TANIA dos REIS, 3º ELENA GONZÁLEZ
Categoría Infantil: Campión XIÁN BURGOS GLEZ, Subcampión ANTÍA BALEA GONZÁLEZ, 3º ALDARA OTERO BERNAL
Categoría Varados: Campión XAN RODIÑO, Subcampión XIÁN BURGOS GLEZ, 3º ANXO REY FARIÑA
Categoría Equipos A: Campión GHARABOTO, Subcampión LÚA DE FORZA, 3º CORREDOIRAS
SUBCAMPIÓN LÚA DE FORZA SANXENXO
Categoría Equipos F: Campión GHARABOTO F, Subcampión VALPAÇOS F, 3º ARMADIÑA F
SUBCAMPIÓN VALPAÇOS TERRA QUENTE (Vigo)
ACTAS XORNADA 18
FOTOS
FASE FINAL LIGA ATLÁNTICA DE BILLARDA 2023-24
30 XUÑO
CAMPO HERBA NATURAL CONXO (COMPOSTELA
Estas son as persoas clasificadas para disputar a Fase Final da LAB
CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
Grupos e cabezas de grupo
CATEGORÍA INDIVIDUAL FEMININA
Grupos e Cabezas de grupo
As demais persoas clasificadas sortearanse para saber en cal dos grupos xogarán a primeira FASE DE GRUPOS