Mércores, Setembro 11, 2024
ActualidadeXornada

Alberte, Delia, Migui e Río Miño vencedores en Culleredo. CAMPO DA FEIRA CAMPIÓN 2023-24

A última xornada da Conferencia Noroeste xogouse na pista cuberta do Centro Social de Castro-Laxe (Culleredo). Ganou a xornada Alberte de Cochiqueiros de Cerceda, segundo foi Xan de Lúa de Forza Sanxenxo e terceiro Nolo de Río Miño de Castro de Rei. En categoría Feminina venceu Delia, segunda foi Pili e terceira Vero, as tres de Río Miño. En Categoría Infantil foi primeiro Migui de Río Miño, segundo Izan de Filloas de Sangue e terceiro Valentín tamén de Filloas. En Equipos ganou Río Miño, seguido de Campo da Feira de Paiosaco e terceiro Cochiqueiros. Un ano máis o concello de Culleredo ofreceu todo tipo de facilidades para organizar a xornada e achegou os trofeos para os podios. Estiveron no acto de entrega de trofeos os concelleiros de comercio Mario Iglesias e de cultura Penélope López e por parte da Federación Galega Deporte Autóctono Modalidade Billarda o vicepresidente Luís Fontán.

Desde Castro de Rei chegou a Canariña (Billarda Río Miño) coa intención de bailar sobre o cemento da pista de Laxe. Ademais, conseguiron bailar tamén enriba dos podios. Subiron ao terceiro posto do Podio Absoluto con Nolo, ao primeiro posto do Podio Infantil con Migui e ocuparon por completo o Podio Feminino con Delia, Pili e Vero.

Na Categoría de equipos foi vencedor da xornada, Billarda Río Miño.

A pista de cemento de Laxe non é das que permita demasiado escorregamento das billardas, mais si que accede a facilitar o achegamento ao varal en 3 ou 4 golpes, cando non en dous ou nun. Así, as puntuacións foron elevadas na maioría dos casos. O Campión Galego, Marco de Cochiqueiros, xunto con Basilio de Billardeiros Musicais, obtiveron a maior puntuación con 25 ptos. Despois, houbo outros 14 xogadores que conseguiron entre 20 e 23 ptos.

A final da xornada xogárona Alberte de Cochiqueiros, José Manuel de Rinoceronte, Xan de Lúa de Forza, Nolo de Río Miño, Viqueira de Cochiqueiros e Morís de Filloas de Sangue. En dous golpes entraron Alberte e Xan e en tres golpes Nolo e Viqueira. Así, un golpe de desempate decidiu os postos de podio, que finalmente foron para Alberte como campión, Xan como segundo e Nolo como terceiro.

Na Categoría Feminina venceu Delia, segunda foi Pili e terceira Vero, as tres canariñas de Río Miño.

Na Categoría Infantil venceu Migui de Río Miño, segundo foi Izan e terceiro Valentín, os dous de Filloas.

ACTAS

Despois de sumar os puntos desta última xornada as clasificacións xerais confirman todos os Podios Finais da temporada 2023-2024.

 

E o vindeiro 30 de xuño cerrarase a temporada 2023-24 coa disputa das Finais en todas as categorías. Será en Compostela no campo de herba sintética de Conxo. Para este evento están clasificados do Noroeste:

PRÓXIMO EVENTO DEPORTIVO

30 XUÑO

SANTIAGO DE COMPOSTELA

FASE FINAL LAB 2024

FOTOS

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *