Martes, Decembro 10, 2024
ActualidadeXornada

GHARABOTO foi quen máis comeu, na xornada de Samertolameu.

A tarde foi esplendorosa en Meira e unha delicia os ondas do mar. Unha bandada de billardas encheu de alas o ceo e de madeira o chan. O luscofusco da Ría de Vigo estaba tan abraido polo espectáculo arborescente e tan entretido que delongou a súa chegada ata perto das 20h. Ademais de todo iso, as persoas que observaban desde o paseo marítimo de Meira quedaban abraiadas de ver e oír, de mirar e escoitar, a percusión de madeira contra madeira.

As zamarras celestes de Armadiña destacaban entre o cromatismo das camisetas dos equipos. Ata un total de 16 celestes se deron cita en Samertolameu e ben que se notou. O equipo de Combarro tivo unha xornada fabulosa, metendo 1 representante no podio absoluto (Diego) e feminino (Ainhoa) e 2 representantes na categoría infantil (Gael e  Mateo). Na categoría de Equipos A e Equipos F, foi segundo, só por detrás do todopoderoso líder incontestable das categorías de Equipos, Gharaboto.

Gharaboto non tivo clemencia do equipo local Corredoiras nin do segundo da xeral, Lúa de Forza. 78 ptos fixo o equipo de Marín. Armadiña moveu os Marcos e valeulle para acadar a segunda posición con 73 ptos. Lúa de Forza aguantou o empuxe de Gharaboto e foi terceiro con 71 ptos. Corredoiras sufriu para estar cerca dos grandes e foi cuarto con 68 ptos. Quinto, con 61 ptos, Valpaços tivo unha moi boa actuación. Rinoceronte cos 3 tenores chegou aos 37 ptos. En definitiva,  puntuación boas dos equipos.

En Equipos F, Gharaboto F deu un enorme machadazo á clasificación. Estamos no ecuador da temporada, mais xa son 46 ptos de vantaxe sobre Valpaços F. Ademais, nesta xornada apareceu o podería de Armadiña F para acadar a segunda posición con 46 ptos. Terceiro foi Lúa con 36 ptos e Valpaços tivo que conformarse con 34 ptos para quedar en cuarta posición, cousa que hai que resaltar, pois, non sucedera antes na historia da Categoría Equipos F. É a primeira vez que Valpaços F queda fóra do podio dunha xornada. Este suceso fala moi ben da regularidade do equipo morado da Terra Quente. Corredoiras F conseguiu 25 ptos. Rinoceronte F 5 ptos.

Na Categoría Individual Absoluta venceu o campión actual da Liga Atlantica de Billarda, Beni Resille de Corredoiras Bueu, segundo foi Juanchi de Lúa de Forza Sanxenxo e terceiro Diego de Armadiña de Combarro.

Na Categoría Individual Feminina venceu Lu de Lúa de Forza, segunda foi Antía de Gharaboto de Marín e terceira Ainhoa de Armadiña de Combarro.

Na Categoría Individual Infantil, ganou unha vez máis o Raio Verde Xián de Lúa de Forza, segundo foi Gael e terceiro Mateo, os dous de Armadiña, un verdadeiro viveiro de novos talentos.

 

ACTAS

Pois ben, despois de sumar os puntos e chegado o meridiano da competición pódense tirar diversos e variados pensamentos. Gharaboto vai en serio e avantaxa en 39 ptos ao equipo favorito Corredoiras Bueu. Non é unha distancia insalvable para o tricampión galego, non obstante, o equipo vermello debe comezar a remontada xa ou inmediatamente. Lúa de Forza mantense nunha segunda posición a 11 ptos do líder e con 28 ptos máis que o terceiro. Quen sabe do que será capaz bicampión galego.

Na Categoría de Equipos F, Gharaboto F ten 46 ptos máis que Valpaços, cousa que fala do dominio absoluto do equipo de Marín nesta primeira parte da competición. Moite tería que mellorar o equipo vigues para remontar, mais o potencial morado de Valpaços F é tal que non descartamos nada. A terceira posición do podio está moi consolidada para un renacido Armadiña F e nin Lúa F nin Corredoiras F están en condicións de alcanzar o podio. De todas as maneiras, sempre pode haber algunha fichaxe que reforce a estas dúas escuadras.

As Categorías Individuais, despois de chegar á metade da temporada, estanse estirando como chicle usado. Así, en infantil, o chicle non da máis e o Raio Verde domina con brazo de cemento a clasificación. Antía é a única que pode acercarse ás prestacións do golpe do Xián e desputarlle a vitoria en algunha xornada. O Título cremos que non ten discusión e será para Xián, pois ten unha diferenza de 54 ptos sobre Antía. A terceira banqueta do podio é a que vai ten propiedade máis incerta. Veremos se as crianzas celestes chegan a esa praza ou será algunha das xogadoras de Gharaboto, Aldara ou Sofía.

En Feminina, Lu aproximouse a 3 ptos do liderado de Bego. Na terceira posición está Tania a 15 ptos. Tendo en conta que Tania faltou unha xornada, podemos intuír que a loita polo título vai estar entre estas 3 palanadoras e non queremos esquecer e non o facemos a Antía (2011) un prodixio do palán, pois a xogadora en idade infantil de Gharaboto ten un golpe magnífico de potencia e de precisión. Co tempo e coa práctica vai marcar unha época na billarda. Si, ten diante a 3 palanadoras que lle van servir de referente, 3 das máis grandes da Billarda Galega.

Na Categoría Absoluta, todo semella que serán 4 xogadores, como na categoría feminina os que se disputen o título e o podio. 2 de Lúa, Xan e Xián e 2 de Gharaboto, Piru e Álvaro. Tan só 14 ptos separan ao líder, Xan do cuarto, Álvaro. 3 xogadores senior de historial brillante e un diamante en bruto que ilumina os campos de billarda co seu Raio Verde. O Xián é do 2012 e xa compite de igual a igual con calquera. Igual que Antía na Categoría Feminina o Xián será o referente da Billarda Galega no que tarde en pegar o estirón e alcanzar a estatura do seu proxenitor e a flexibilidade da súa proxenitora.

PRÓXIMA XORNADA

24 FEBREIRO

BARRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *