En Paiosaco no ABERTO DAS CEREIXAS as billardas voaron bastante dereitas
Tarde de cereixas e billarda, Paiosaco en Festas. O Aberto serviu para probar un novo sistema de competición e un cambio nas dimensións do terreo de xogo. Esta temporada pasada a competición na Conferencia Noroeste desenvolveuse nunha fase de Grupos de 4 carreiras e nunha Fase de Cruces con Cuartos de final, no cal se enfrontaban tríos, con Semifinais, na cal se enfrontaban parellas e cunha Final a 4. Pois ben, en Paiosaco provouse unha Fase de Grupos con 5 carreiras, unha Fase de Cruces que xogaron 24 competidores (4 de cada grupo) con Semifinais en cuartetos e cunha Final a 6. En fin, aumentouse unha carreira para tod@s e reduciuse a Fase eliminatoria de Cruces deixándoa en Semifinais e Final e cada unha destas eliminatorias xogouse a unha única carreira. Ao mesmo tempo, dadas as dimensións limitadas do terreo de xogo de Paiosaco, acordouse xogar cos varais a unha distancia de 40 m.
En fin, o que se pretende é facer máis atractivo e disputado o xogo. A día de hoxe as estatísticas mostraban que na temporada rematada houbo unha porcentaxe de 31% de persoas que non entraron en ningunha carreira, cando se xogaba en exterior. No Aberto das cereixas houbo 6 persoas dun total de 45 que non entraron en ningunha das 5 carreiras, 13%.
Outra cousa, os ptos conseguidos entre tod@s @s participantes foron un total de 594. Na táboa de abaixo pódese comparar cos resultados da Temporada 2022-2023 Conferencia Noroeste.
Ademais, nos postos de honor, ou sexa, aqueles competidores e competidoras que loitan polo triunfo e por estar arriba na xeral de ptos, as cousas estiveron moi igualadas. Este é outro dos obxectivo que buscan conseguir as novas propostas de modificación, que haxa máis emoción nos primeiros postos e que máis persoas teñan opcións, en cada xornada, de acercarse a esas prazas de privilexio. A nova proposta fala de sumar á clasificación xeral só os ptos conseguidos na Fase de Grupos. Os cruces eliminatorios só contarían para establecer o podio final da Xornada en cada Categoría.
Clasificación Xeral sumando ptos na Fase de Cruces Clasificación Xeral cos pts de Fase de Grupo
Ben, A Final a 6 xogárona Daniel, Manu Pozo e Tejero de Billardeiros Musicais e Juanchi, Xan e Martín de Lúa de Forza.
Finalmente, o Aberto das Cereixas 2023 ganouno Xan Rodiño de Lúa de Forza Sanxenxo, segundo foi Manu Pozo de Billardeiros Musicais de Ribadeo e terceiro Daniel do mesmo equipo. En Categoría Feminina, venceu Dori de Billardeiros, segunda a súa compañeira de equipo Geni e terceira Lu de Lúa de Forza. Na Categoría Infantil, foi primeiro Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, segundo Kevin de APB A Laracha e terceiro Roy tamén de APB.
ACTAS
FOTOS