A 3 días da Fase Final LIGA ATLÁNTICA DE BILLARDA 2023
CATEGORÍA INDIVIDUAL ABSOLUTA
Estes son todos os que van estar e estas son todas as que van estar na Final da Categoría Individual Absoluta. Son 32 homes e 4 mulleres as que competirán por subir ao máis alto do podio. A clasificación para a Fase Final nesta Categoría consíguese ao quedar entre os primeiros postos da clasificación xeral da Fase Regular da Liga Atlántica de Billarda. Así, a Conferencia Noroeste ten 15 prazas e a Rías Baixas 21 prazas. Estas prazas calcúlanse segundo a porcentaxe de participación en cada Conferencia. Esta temporada, a media de participación no NOR foi de 43, 69 xogadores en cada xornada, cousa que lle otorgou 15,31 (15 prazas). Nas RÍAS a media foi de 57,48 participantes, para un total de 20,69 (21 prazas).
Hai que subliñar que os catro primeiros da clasificación van ser cabeza de grupo. Así, na final haberá 4 grupos de 9 xogador@s cada grupo. Desta maneira, xa se sabe que Collazo, número 1 do NOR, compartirá grupo co número 4 das RÍAS, Piru, o número 2 Juan Carlos compartirá grupo co número 3 das RÍAS, Ricar, o número 3 Roi compartirá Grupo co número 2 das RÍAS, Álvaro, e o número 4 Josecho compartirá grupo co número 1 das RÍAS, Xan. Os demais integrantes irán ao chou a cada grupo ata completar o total de 9 persoas por grupo.
Estes son os 15 protagonistas da Conferencia Noroeste que aceptaron o reto de viaxar ata o Sur para degustar a gastronomía e para demostrar que o Norte tamén xoga billarda, e da boa.
Por parte da Conferencia RÍAS BAIXAS, estes son os 21 protagonistas que defenderan o bo xogo que se practica no Sur do país. Esta Categoría disputará a súa final despois de comer, circunstancia que segundo nos din varias persoas expertas en dieta atlántica vai dificultar o golpe na billarda daquelas persoas máis habituadas a inxerir proteína en abundancia. Isto significa que as arterias van estar ateigadas de graxas saturadas e como consecuencia deste fenómeno o cerebro tardará en tomar a decisión correcta. A excesiva hidratación seica tampouco vai ben para acertar no obxecto de madeira que salta do chan e voa polo aire.