Xoves, Outubro 3, 2024
ActualidadeXornada

APB campión Noroeste e Marco o das bananas vence en Cabanas

Na porta da praia da Madalena de Cabanas, había unha alfombra de herba mollada, quen me dera namorala, que dicía un poeta. Esa auga caída durante a noite non impediu xogar a última xornada da Conferencia Noroeste neste magnífico terreo. A choiva cesou e o campo comezou a secar. Había que aclarar poucas cousas, non obstante, importantes, como era o Título de Equipos, que podía ir para APB e cerrar unha xeira de 7 temporadas seguidas de vitorias de Campo da Feira. Tamén, había que concluír e cerrar as últimas prazas de Finalista na Categoría Absoluta. Pois ben, todo presaxiaba o imprevisible ou o incerto. Sobre todo vendo as caras e os olliños coas que chegaron os xogadores de FEI e os sorrisos e concentración dos xogadores de APB.

Si, si, APB pasou por enriba e por debaixo de Campo da Feira e polo lado. O equipo hemorráxico ganou a xornada con solvencia e aínda reservou forzas para o vindeiro domingo. Desta vez, un equipo do Noroeste farase co Título da Liga? Chega moi forte APB e cun sexteto que mete medo. Este ano serán 3 equipos do NOR os que disputen o Titulo cos equipos das Rías Baixas. Se as temporadas pasadas era FEI o equipo con máis opcións de romper a hexemonía do Sur, pensamos que este ano APB debe ter fundadas esperanzas de estar no podio e incluso subir ao primeiro chanzo do mesmo.

Hai que salientar que chegou a primeira vitoria dun xogador de Cochiqueiros e foi á maneira da Cochica, dando pena na fase de grupos, na que o romanizado Marco Antonio non entrou en ningunha das 4 carreiras. Foi a un durísimo desempate con 4 persoas máis do seu grupo e pasou á fase de cruces. Nesta fase xa estivo a un nivel estelar con golpes extraordinarios. Na final, aínda subiu máis o seu nivel e con dous expectaculares golpes ganou por diante de Daniel de Billardeiros Musicais de Ribadeo e de Lito Pena de APB A Laracha. Cuarto foi Riveiro do mesmo equipo. En fin, non ten moito máis sentido explicar o inexplicable, “Cochiqueiros somos así, e olliño que nas Finais de Bueu non cometamos calquera imprudencia e ganemos o Título“, afirmaba o Amado Líder do equipo de Cerceda. Na Categoría Feminina ganou Lu de Lúa de Forza Sanxenxo, segunda foi Geni de Billardeiros Musicais e terceira Merche de APB. En Categoría Infantil, foi primeiro Valentín de Filloas de Sangue da Coruña, segundo Miguel de Campo da Feira e terceiro Roy de APB.

Estivo no acto de entrega de premios dos podios o alcalde Fernando Couce quen manifestou a boa disposición do Concello de Cabanas con esta manifestación do noso patrimonio deportivo e cultural que é a Billarda. Magníficos agasallos e un lugar paisaxístico ideal para a práctica da billarda. Volveremos.

ACTAS

Despois de sumados os puntos desta última xornada os podios finais de Conferencia quedan deste xeito.

E as prazas de finalistas son as seguintes.

Non podía ser doutra maneira, xuntándose o máis cremoso dos palanadores do Noroeste que xogadas imposibles feitas realidade e golpes fáciles feitos irrealidade ou pesadelo. Temos dous exemplos do circo Noroeste.

/>

/>

DOMINGO 25 XUÑO

FINAIS 2023

BUEU

CAMPO DA ESTACADA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *