Luns, Outubro 7, 2024
ActualidadeXornada

Para volver a Billarda á televisión, que pouco queda, se acaso Meis e Cerceda

Fin de semana de dobre xornada na Liga Atlántica de Billarda e tamén cun valor dobre para quen acceda ao podio en cada unha das Conferencias. Pois si, o vindeiro sábado 29 de abril e retransmitido en directo pola Televisión de Galicia, nas súas canles G2 e G24.gal, disputarase a Super Copa do Deporte Autóctono, nas súas modalidades deportivas de Billarda e Chave.

Entón, nesa Super Copa de Billarda participarán 16 xogador@s que sairán das xornadas da fin de semana (5 xogador@s Noroeste e 5 xogador@s Rías Baixas) e que se unirán aos campións e campioas de Conferencia da temporada 2021-22 nas categorías individuais (3 Noroeste e 3 Rías Baixas).

Durante este ano 2023, a TVG vai retransmitir tres torneos de Billarda e Chave. O primeiro é a Super Copa (29 abril) o segundo será o Campionato de Seleccións (xullo) e o terceiro será a Copa Xunta de Galicia (setembro). No cadro de abaixo aparecen os criterios que se estableceron para clasificarse para estes 3 torneos televisados. Acudirán a cada un destes eventos 16 participantes.

Por outra banda, para poder participar no segundo evento de billarda, o Campionato de seleccións, estas 5 últimas xornadas en cada Conferencia establecerán unha clasificación para obter algunha desas 16 prazas. Polo tanto, na fin de semana comeza a carreira para formar parte da seleccións Norte e Sur que competirán en xullo, e ao mesmo tempo decídense 5 prazas na xornada de Meis do sábado 22 de abril, Conferencia Rías Baixas e o domingo 23 abril outras 5 prazas na xornada de Cerceda, Conferencia Noroeste. 10 prazas en total para disputar a Super Copa de Billarda.

Por se isto fose pouco para animar a xogadoras e xogadores, aparecen as negras nubes no horizonte da fin de semana. Isto que significa, pois, un ingrediente máis de incerteza e de posibilidades de xogar a cuberto, cousa que iguala moito o rendemento, e os resultados sempre se enchen de sorpresa e alegría inesperada. Aquelas persoas sempre favoritas ou candidatas ao triunfo en exterior van ter moita competencia de parte dun número infinito de candidatos, ao xogarse nunha superficie máis rápida e máis curta. En resume, se finalmente a choiva fai acto de presenza, moitos xogadores e xogadoras van ter as súas oportunidades para entrar no podio da xornada e aspirar a conseguir praza para a Super Copa de Billarda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *