Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeXornada

TORNEO DE NADAL, Lúa de Forza gana por equipos e Bego en Individual

O Torneo de Nadal 2022 celebrouse no pavillón do CEIP Plurilingue de Nantes. Todo estaba preparado para a festa dos equipos do norte da Ría de Pontevedra, Lúa e Gharaboto sección Sanxenxo, pois presentaron os equipos máis numerosos e non fallaron. Por equipos ganou Lúa de Forza con 98 ptos. Sumaron Xan con 27 ptos, Xián 26 ptos, Chicho 23 ptos e Gerardo 22 ptos. Segundo foi Gharaboto con 84 ptos. Sumaron Hugo 24 ptos, Ricardo Lois 22 ptos, Vari 20 ptos e Antía 18 ptos. En terceira posición quedou Corredoiras con 81 ptos. Charri sumou 24 ptos e o seu Mariachi, Bego 22 ptos, Chefa 20 ptos e Novas 15 ptos. En cuarta posición quedou Valpaços con 70 ptos. Sumou os 21 ptos de Albino Veiga, os 20 ptos de Tania, os 16 ptos de Belmira e os 13 ptos de Taxeiro. Armadiña sumou un total de 32 ptos. Machi 18 ptos, Marcos 9 ptos e Alexis 5 ptos. Rinoceronte fixo 27 ptos, con José Manuel 18 ptos e Lola 9 ptos.

ACTAS

Ganou o Torneo de Nadal 2022 Bego de Corredoiras Bueu, segundo foi o Raio Verde Xián de Lúa de Forza e terceiro Xan do mesmo equipo. Na Categoría Feminina ganou Lu de Lúa de Forza, segunda foi Antía de Gharaboto de Marín e terceira Machi de Armadiña de Combarro. En Infantil foi primeiro Hugo de Gharaboto, segunda Lucía de Valpaços Terra Quente de Vigo e terceiro Alexis Castro de Armadiña.

Despois do Torneo houbo unha merenda na Casa Cultural de Nantes. Foi a celebración e degustación dos pratos de comida e bebida feitos na casa, na casa de cada quen. Cada equipo levou a súa especialidade para compartir cos demais. Así, o bacallau chegou da man de Belmira de Valpaços, houbo humus, empanada, “tortilla á Herba Marisa” e outros produtos doces e salgados. Tamén, tinto  e refrescos para beber. O tinto pode ser que fora de produción ecolóxica, pero media hora ben pasada levou fregar as manchas que deixou sobre as mesas. Algunha persoa marchou para a casa sen uñas de tanto refregar co estropallo.

TORNEO DE REIS

BUEU

7 XANEIRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *