Xoves, Marzo 28, 2024
ActualidadeXornada

Charri foi un furacán coa billarda e o palán.

A xornada 4 da Liga Atlántica de Billarda, Rías Baixas, xogouse no pavillón do IES de Poio. 6 de abril de 2019 é a data da última vez que se xogara a cuberto nas Rías Baixas. Tres anos e medio despois e Poio de novo. Si, casualidades do universo, tamén sucedera tal feito na xornada de Poio daquela temporada 2018-2019. Naquel momento usouse o pavillón de Lourido. Pois ben, 1285 días despois a billarda volveu a esvarar sobre a superficie dun pavillón.

Cando se xoga neste tipo de superficie as puntuacións son elevadas e palanadoras e palanadores menos contundentes no golpeo e máis hábiles e precisos son quen sen senten máis cómodos. Por suposto, volveron os esssss…varados (introducir a billarda no varal dun só golpe). Ata un total de 36 foron os varados conseguidos en Poio. En definitiva, as puntuacións aumentaron bastante en comparación cunha xornada disputada en exterior. Serva de referencia que o equipo ganador, Corredoiras, estivo nos 101 ptos, cando nas anteriores xornadas o equipo vencedor ganara con 83, 87 e 71 ptos. A evidencia suprema deste feito de fermentación dos ptos ao xogar en pavillón é a Categoría Equipos Femininos. Nesta categoría, nas tres primeiras xornadas ganárase con 48, 42 e 46 ptos e o sábado en Poio, Valpaços F ganou con 88 ptos e o segundo equipo, Gharaboto, obtivo 83 ptos.

Feito que nos leva a reflexionar sobre o potencial desta nova especialidade de Billarda Pavillón. Nesta superficie rápida e dura aqueles competidores individuais de avanzada idade que teñen dificultades en terra, herba e area, aquí están máis cómodos e a un nivel competitivo supremo. As crianzas que comezan a practicar billarda tamén están máis cómodas, xa que, son quen de levantar e golpear a billarda con facilidade e iso anima a continuar a práctica deste deporte marabilloso e, ao mesmo tempo, continúan co desenvolvendo da motricidade e destrezas físicas básicas.

Ganou a xornada Charri de Corredoiras Bueu, segundo foi Piru de Gharaboto de Marín e terceiro Collazo de APB A Laracha. En Categoría Individual Feminina, venceu Belmira de Valpaços de Vigo, segunda quedou Bego de Corredoiras e terceira Adriana de Valpaços. Na Categoría Individual Infantil venceu Óscar Caldas de Armadiña de Combarro, segunda foi Lucía de Valpaços e terceiro Martín Castro de Armadiña. En Categoría Equipos ganou Corredoiras, segundo foi Gharaboto e terceiro Valpaços. En Categoría Equipos F venceu Valpaços, segundo foi Gharaboto F e terceiro Armadiña F.

Este deporte de raíz e que está en crecemento no concello de Poio contou coa asistencia á entrega de trofeos da concelleira de deportes, Marga Caldas. Este concello é pioneiro e referente a nivel galego por ter acondicionado o primeiro campo de billarda permanente do país. Ademais, coa creación da sección deportiva de billarda na ACDM ARMADIÑA completouse o círculo da práctica deportiva: instalacións, practicantes, club deportivo. Agora, o equipo celeste de Combarro está a medrar coas incorporacións de xente nova como o caso de Ían Estévez Fontán de 6 anos que debutou nesta xornada. Xa teñen 21 licenzas federativas e continúan coa captación de talento. Así, calquera persoa que queira practicar billarda que se acerque ao campo de billarda da Reibóa ou se poña en contacto con asociación@armadinha.gal.

Venceu en Poio, Charri, o mexicano que mellor sacha na leira e flexiona o lombo apañando patacas. O xogador de Corredoiras non deu opción aos rivais. Comezou a xornada cun varado na primeira carreira da fase de grupos e rematou cun varado na final. 30 ptos en total e 3 varados foi o seu botín na xornada e sube ata o quinto posto na clasificación xeral absoluta. Ademais, debemos contalo todo, o home espectáculo de Beluso xogou minguado nas súas condicións físicas por un problema de saúde que o fai sufrir en silencio. A pesar de todo, sacrificouse polo equipo, pois sabía da baixa de Fari e de que Gharaboto é un equipo especialista en pavillón. Finalmente, a vitoria individual de Charri supuxo a vitoria do equipo, pois se Charri non ganara a vitoria iría para Gharaboto, que quedou a 1 só pto do equipo de Bueu.

Agora, as cousas clasificatorias quedan con Corredoiras dominando a Categoría Equipos, Valpaços a Categoría Equipos F, Xan Rodiño dominando a Individual Absoluta, Bego a Individual Feminina, Xián a Individual Infantil e Óscar Caldas e Piru empatados na cabeza da Categoría de Varados.

ABSOLUTAEQUPtos
XANLÚA86
CHICHOLÚA81
RICARCOR81
ÁLVAROGHA79
CHARRICOR77
BEGOCOR75
ALBINO VEIGAVAL74
PIRUGHA69
XIÁN INFLÚA69
NOVASCOR69

FEMININA Ptos
BEGOCOR75
TANIAVAL66
ADRIANAVAL57
MARÍA CARIDEGHA51
BELMIRAVAL46
ELENA GLEZGHA45
LUCÍA INFVAL44
ANTÍA INFGHA43
YOLANDAVAL43
MACHIARM41

 

INFANTIL Ptos
XIÁNLÚA69
ÓSCAR CALDASARM63
LUCÍAVAL44
ANTÍAGHA42
HUGOGHA33
MAUROLÚA22
NAIAARM21
MARTÍN CASTROARM18
BRAISVAL16
ALDARAGHA16

 

EQUIPOS Total
CORREDOIRASBUEU333
LÚA DE FORZASANXENXO308
GHARABOTOMARÍN297
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO265
ARMADIÑACOMBARRO264
RINOCERONTEPONTEVEDRA133
CAMPO DA FEIRAPAIOSACO53
APBA LARACHA24

 

EQUIPOS FEMININOS Total
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO223
GHARABOTOMARÍN196
LÚA DE FORZASANXENXO131
ARMADIÑAPOIO120
CORREDOIRASBUEU104
RINOCERONTEPONTEVEDRA25

 

VARADOS Total
ÓSCAR CALDASARM4
PIRUGHA4
ÁLVAROGHA3
CHARRICOR3
XANLÚA3
COLLAZOAPB2
BEGOCOR2
ELADIOFEI2
BENICOR2
CHERIN2

 

CHARRI NON PUIDO SACAR FOTOS… sufría en silencio

Recepción de Charri na Zarzuela

PRÓXIMA XORNADA

MARÍN

29 OUTUBRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *