Mércores, Decembro 11, 2024
ActualidadeXornada

COMEZAN A VOAR AS BILLARDAS DE NOVO

Comeza a temporada 2022-2023 e farao no campo de billarda de Nantes, Sanxenxo. A Liga Atlántica de Billarda inicia o curso en Sanxenxo e farao con algunha novidade no sistema de competición e puntuación e bastantes novidades en canto a caras novas que debutarán e pobre delas… xa non poderán vivir sen a billarda. O Calendario oficial consta de 16 xornadas de Liga Atlántica, tanto no Noroeste como nas Rías Baixas. Despois desta fase regular disputaranse as finais no último domingo de xuño.

Fase de grupos de 5 carreiras e fase de eliminatorias con semifinais de 4 xogador@s e final de 6 xogador@s. As puntuacións por carreira serán, 6 ptos no primeiro golpe, 5 no segundo, 4 no terceiro e 3 no cuarto. Quen non entre levará 1 pto.

No noroeste abrirase a cancela o domingo 11 setembro en Arteixo. A novidade máis salientable é a fichaxe estelar de APB coa que pretende dar o salto de calidade para optar ao título de Conferencia.  Si, o equipo da Laracha pescou en Paiosaco e non foi un peixe calquera o que apañou. O galáctico da billarda Collazo, deixou Campo da Feira para enfrontar novos retos, desta vez vestindo a hemorráxica. Será quen APB de ameazar o asoballamento que Campo da Feira exerceu nas últimas sete temporadas ?

No Noroeste continuarase cunha fase de grupos de 4 carreiras e unha fase eliminatoria de cuartos de final con 3 xogado@s, semifinais con 2 xogador@s e a final con 4 xogador@s. As puntuacións por carreira serán, 6 ptos no primeiro golpe, 5 no segundo, 5 no terceiro e 3 no cuarto. Quen non entre levará 1 pto.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *