Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeXornada

No estío xógase á billarda con brío. Época de Abertos de Billarda de Verán

Ao longo das catro provincias galegas practícase, foméntase e faise promoción deste deporte marabilloso que é a billarda. O súa sona está en aumento e non hai quen pare este movemento sísmico.

Desta maneira, nas provincias da Coruña, Pontevedra e Ourense están programados unha serie de Abertos de billarda que se inician co que organiza Filloas de Sangue no parque de Bens, A Coruña.

Na provincia de Lugo organízanse abertos de billarda ao abeiro de prestixiosos festivais musicais. De momento están programados no Festival Aturuxo en Bravos, Ourol o día 30 de xullo, no Festival de Pardiñas, Guitiriz, o 6 de agosto e en Begonte o 13 de agosto organizado por Castiñeiro Milenario no festival 27373.

En calquera lugar de Galicia que esteas durante este verán acércate e proba o alimento lúdico dun xogo centenario. Xoga billarda !

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *