Mércores, Decembro 11, 2024
ActualidadeXornada

Finais 2022, as billardas que sobrevivan ao lume de San Xoán, cólleas na man .

As finais xa se albiscan no horizonte da fin de semana. A choiva está desacougando a algún xogador e animando a algunha xogadora. Xa se sabe que hai quen se desenvolve mellor co terreo húmido e quen coa superficie seca. A herba artificial da Porta Santa está nunhas condicións magníficas, non perde nin gana cor coa seca nin cunha posible enchente que anegue Paiosaco.

Así, a final de equipos está servida, mais pouco cociñada. Os grandes favoritos son os campións da liga regular. Corredoiras ganou nas Rías Baixas e Campo da Feira no Noroeste. Agora, todo dependerá das formacións que poidan presentar cada un destes equipos. No caso de non ter baixas a cousa vai estar sobre o fío dunha araña.

Despois, podemos considerar que os outros 3 equipos van ter as súas oportunidades, pois teñen potencial e na billarda sabemos que un día bo pódeo ter ata Cotelo e incluso un día malo ou nefasto. De acordo coas estatísticas todo fai pensar que Campo da Feira parte como favorito, xa que, ten xogadores que quedaron mellor clasificados na liga regular que o resto de equipos. Ademais, xogando en feudo local pode, este ano si, ser campión. Tamén, pode darse o Campofeirazo e que a responsabilidade lle pese tanto que non rexan coas billardas. Veremos e miraremos.

Os equipos estarán formados por estes xogadores e xogadoras

Formaranse 6 grupos e 5 xogador@s cada un. O grupo 1 estará formado polos xogadores número 1 de cada equipo, o grupo 2 estará formado polos xogadores número 2 de cada equipo, e así respectivamente ata completar os 6 grupos. Xogaranse 4 carreiras por grupo. Sumaranse os ptos obtidos por cada xogador/a de cada equipo e establecerase o campión, subcampión e terceiro clasificado.

Na final feminina participarán 16 xogadoras divididas en 2 grupos de 8 integrantes. Clasificaranse para xogar os cruces eliminatorios 4 xogadoras de cada grupo.

Estas son as elixidas para a gloria

A final de varados será disputada por 6 xogadores. Daran 5 golpes cada xogador de maneira alternativa e quen consiga varado ou golpee a billarda máis lonxe será o campión.

Os clasificados son:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *