Venres, Abril 19, 2024
ActualidadeXornada

Billarda nas Rías Baixas. 13 xornada Liga Atlántica de Billarda en Soutomaior.

Xa está aquí a xornada 13 nas Rías Baixas. Será no escenario do campo de recreo de terra do Colexio Santiago Apostol. Lugar ideal para combater a canícula que se espera para mañá. Unha zona de árbores que rodea o terreo de xogo vai facer as delicias das deportistas e dos deportistas que poderán encontrar sombra e fresco nos momentos de descanso.

 

Liga Atlántica de Billarda nos medios de comunicación

Bisbarra en xogo, dxtcampeonEl Diario de LarachaLa Voz de Galicia, edición Carballo informaron da última xornada no Noroeste a través das súas paxinas dixitais. Nós Diario informou en papel.

Tamén, temos unha imaxe que demostra como o enorme EGASA elabora as súas espléndidas fotografías de deportistas da billarda que despois a prensa en papel e dixital utiliza. Sempre no lugar axeitado e enfrontando as dificultades que faga falta para obter o instante perfecto. Grande EGASA !

Canto ten que aprender o outro fotógrafo oficial, Charri! Certo, non hai por que entrar en polémicas, xa que, Charri é un representante auténtico do estilo tradicional, sobrio e aséptico, sen refinamento, de principios do século XX. Ao tempo que busca nas instantáneas a dirección frontal no plano e un enfoque de claros escuros, utiliza a brillantez e a elegancia na indumentaria, fundamentadas no estilo camaleónico centro americano.

En definitiva, outra vez máis o contraste Norte-Sur. Cousa que enriquece a fotografía deportiva contemporánea.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *