Venres, Abril 19, 2024
ActualidadeProtagonistasXornada

Chega O CICLÓN DE MOSCOSO a terras do Salnés, sábado 2 abril Armenteira

Os medios dixitais informaron sobre a Super Copa celebrada o sábado 26 de marzo na Coruña con imaxes magníficas na galería de fotos DxT e tamén en Bisbarra en xogo. DxT mandou un chío no seu twitter. En papel tamén contribuíron a difundir novas desde deporte marabilloso varios xornais.

Pois ben, xa está aquí outra xornada da Liga Atlántica de Billarda na súa Conferencia Rías Baixas. Será mañá sábado no campo do Leixo na Armenteira, Meis. Ollo, poderase admirar a actuación do Ciclón de Moscoso, gran vencedor da Super Copa de Billarda 2022 e a entrada será gratuíta, aproveitade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *