Xoves, Marzo 28, 2024
ActualidadeXornada

COA SUPER COPA NO HORIZONTE AS BILLARDAS FERVEN NAS RÍAS BAIXAS

Varios xornais dixitais da provincia da Coruña informaron sobre a xornada 10 da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Noroeste disputada en Vilaboa, Culleredo. Foron dxtcampeon.com, tamén bisbarraenxogo.comeldiariodelaracha.com. No Diario de Bergantiños,  tanto en dixital como no seu facebook salientan aos dous xogadores da comarca que van participar na Super Copa de Billarda 2022. Os medios de comunicación de Lugo tamén informaron. Foi o xornal dixital da comarca de A Mariña Lucense galiciaxa.com o que destacou os resultados dun equipo da provincia, Billardeiros Musicais de Ribadeo nesta xornada. Ademais, de destacar a praza acadada polo xogador deste equipo de Ribadeo Manu Pozo para disputar a Super Copa de Billarda do día 26 de marzo na Coruña e que será televisado en directo pola TVG2. O mesmo se fixo desde o  facebook de deportes do Concello de Ribadeo.

As novas desta xornada de Culleredo foron editadas en papel por Nós diario (Foto de abaixo).

Ben, a 10 días da SUPER COPA DE BILLARDA, hai 6 persoas da Conferencia Noroeste que xa teñen asegurada a súa participación nese evento deportivo que será televisado pola TVG2 en directo. Estas persoas representarán a 4 equipos Noroeste. 3 destes deportistas conseguiron a praza por ser campións na temporada pasada da Liga Atlántica de Billarda Noroeste, Collazo (Absoluta), Sonia (foi subcampioa e vai porque a campioa, Silvia non pode acudir) e Abel Ponte (Infantil) e outras tres por acadar o podio na última xornada de liga, Manu Pozo, Cotelo e Alberte.

Por outra beira, na Conferencia Rías Baixas disputarase a xornada 10 en Moaña o vindeiro sábado 19 de marzo. A expectación é máxima, tanto polo axustadas que están as clasificacións como pola posibilidade de conseguir praza para ese evento televisado do día 26 marzo na Coruña. Máis se cabe, despois de ver o que sucedeu na xornada do Noroeste, onde un palanador que estaba no posto 30 da clasificación xeral acadou praza para a Super Copa. Isto demostra que sempre hai posibilidades reais de que calquera poida dar a sorpresa nun día determinado e na carreira decisiva. Non sempre están nos podios das xornadas as persoas que golpean máis forte. Hai moitos factores que determinan o acerto ou desacerto nos momentos clave. En fin, quen consiga o podio na xornada de Moaña alcanzará o dereito a participar na Super Copa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *