Venres, Abril 19, 2024
ActualidadeXornada

Billarda en Cangas, sábado 19 febreiro.

A prensa dixital bisbarraenxogo.comEl diario de A Laracha e nos seus facebooks de Bisbarra En Xogo e de El diario de A Laracha, ademais da prensa en papel, DxT Campeon, informaron da pasada xornada da Liga Atlántica de Billarda Noroeste celebrada en Oleiros.

E nas Rías Baixas as billardas van camiño de Cangas do Morrazo. Será mañá sábado 19 febreiro ás 16 h. no estadio de atletismo de Cangas. A última vez que se xogou en Cangas foi en outubro de 2018 e tamén foi no estadio de Atletismo. Terreo de herba natural.

Esta xornada marca o paso da metade da competición. As clasificacións están tan axustadas nos postos de privilexio que nesta xornada de Cangas podería haber cambio de líder en case todas as categorías, tanto de equipos como individuais. A única excepción é a categoría Feminina na que Bego domina cunha vantaxe de puntos excesiva como para que María Caride ou Adriana lle puidesen arrincar o primeiro posto nesta xornada. Todo o demais está no aire… e na herba do Estadio de Atletismo de Cangas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *