Domingo, Maio 19, 2024
ActualidadeXornada

Torneo de Billarda de Labañou, A Coruña. 9 xaneiro.

Despois do último torneo de billarda do ano 2021 chega o primeiro torneo de billarda do 2022. O domingo 9 de xaneiro será en Labañou. Se a climatoloxía é incompatible coa práctica da billarda en exterior buscarase unha alternativa a cuberto.

Despois da extraordinaria repercusión do Torneo Fin de Ano nos medios de comunicación da provincia da Coruña, queremos descubrir o secreto mellor gardado da F.G. DEPAU, o seu departamento de prensa . Si, o departamento está integrado por  un equipo fantástico de persoas intrépidas, arriscadas e cun espírito infatigable. Este equipo está integrado por tres persoas, que son coñecidas polo alcume dos Tres fantásticos, EGASA, Edu e Araña.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *