Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeXornada

FIN DE SEMANA DE BILLARDA. En Soutomaior, aos pés do Castelo e os seus fantasmas.

O primeiro anticiclón de novembro chega da man do vento nordés. Esta vindeira fin de semana teremos billarda no sur de Galicia. Deste xeito, o sábado 6 de novembro será en Soutomaior, Pontevedra.

A Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Rías Baixas, visitará a Comarca de Vigo neste mes de novembro. Así, os dous próximos sábados xogarase en Soutomaior e en Pazos de Borbén. Por vez primeira, xogarase nas magníficas instalacións do Colexio Santiago Apostol. Neste audiovisual aprécianse os espazos exteriores do colexio e o campo de terra no que se vai disputar a cuarta xornada.

E na prensa dixital do norte do país continúan as informacións sobre a xornada disputada en Laxe o pasado domingo 24 de outubro tanto no eldiariodelaracha.com como lavoz.es, na súa edición de Carballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *