Xoves, Abril 25, 2024
ActualidadeXornada

Adiada a xornada 4 nas RÍAS BAIXAS

As predicións meteorolóxicas aconsellaron aprazar a xornada 4 da Liga Atlántica de Billarda, Conferencia Rías Baixas ata o día 6 de novembro. Será no mesmo lugar e á mesma hora.

Deste xeito, a fin de semana queda marcada pola influencia de Ríos Atmosféricos que corren en contra da billarda. Aínda así, nestas noites de defuntos e santos non vos estrañe ver a palanadores e palanadoras desfilar en formación e agarrando os seus paláns. Non lles teñades medo, son as almas dalgunhas palanadoras e palanadores que saen en busca de billardas. Iso, si agachade todas as billardas e non escoitedes as súas súplicas.

Se acudides a algún camposanto non levedes as billardas nin os paláns, que sabemos que hai moitas mans alleas que buscan material de xogo, sobre todo pola Comarca de Bergantiños.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *