Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeXornada

RÍAS BAIXAS, ADIADA XORNADA DE MARÍN DO SÁBADO 16 OUTUBRO

Pois si, a xornada nas Rías Baixas queda adiada ata o sábado 23 de outubro. Unhas nubes con intencións saudables de dar de beber a plantas e animais e contribuír coa biodiversidade acércanse a Marín e teñen hora de chegada para primeiras horas do serán.

Por outra parte, temos a información estatística a día de hoxe da Modalidade de Billarda integrada na Federación Galega de Deporte Autóctono, máis coñecida pola DEPAU.

O equipo coa media de idade máis nova é ARMADIÑA, que está na vintena. Despois, na trintena hai dous equipos APB A Laracha e RINOCERONTE. Os demais equipos navegan na corentena. 72 mulleres teñen licenza federativa o que supón o 33% do total, cousa magnífica neste deporte de competición único, pois mantén no seu cerne as características de ser inclusivo e mixto. 47 competidores están en minoría de idade, ou sexa o 21%. Destes, o 17% son menores de 15 anos. En fin, a media de idade dun xogador/a de billarda é de 41 anos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *