FIN DE SEMANA DE BILLARDA 9 e 10 outubro e GOT TALENT o venres 8 outubro
O sábado en Sanxenxo e o domingo en Paiosaco continúa a Liga Atlántica de Billarda. As altas temperaturas que se esperan para esta vindeira fin de semana farán que sexan importantes as pausas para hidratación. Ademais, coa chegada do outono a caída das follas vai sementar os campos de billarda dun elemento máis a ter en conta, por iso, vemos que as xogadoras dos equipos de billarda das Rías Baixas xa están practicando en terreos alfombrados de follas, posto que o Campo de Billarda de Nantes está rodeado de árbores caducifolios. Polo tanto, quen saiba ler entre as follas terá ocasión de descubrir o final do varal, para o cal deberá pasar folla a folla.
O domingo 10 outubro será no epicentro da billarda, en Paiosaco, berce do equipo que domina a Conferencia Noroeste, Campo da Feira.
No Noroeste parece que o tempo outonal é algo máis severo e teñen que adestrar en superficies máis duras e asfaltadas, cousas do cambio climático.
Non obstante, a xornada 3 que se xogará en Paiosaco vaise disputar por vez primeira no antigo campo de fútbol, un terreo de herba natural fertilizada con biomasa e regado con caldos das viñas de Bergantiños, destilados previamente.