Mércores, Novembro 13, 2024
ActualidadeXornada

Choiva en acios de albariño ou como transformar a auga en viño.

As previsións altamente fiables de Meteogalicia indican que mañá choverá toda a tarde no Campo de Billarda de Nantes, Sanxenxo. Polo tanto, o Comité de sabias e sabios da Billarda tomou a decisión de adiar a xornada 2 da LAB Rías Baixas ata o sábado 9 de outubro, que coincide en data e día co vindeiro sábado.

Unha célebre frase filosófica do Salnés afirma o seguinte…

“a choiva cando sabe a viño

non manca nin enlama o camiño”.

Non di nada sobre xogar á billarda, non obstante, outra popular cita di que …

“para ter seguro o niño

uns acios de prudencia

fan bo albariño”.

En fin, que Armadiña continuará unha semana máis de líder.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *