Venres, Febreiro 23, 2024
ActualidadeXornada

2 xornada Conferencia Noroeste. Cabanas 26 setembro 11h.

Xa esta aquí a previa da xornada de Cabanas. A Conferencia Noroeste celebra a súa segunda xornada nun lugar magnífico, onde a fraga do Eume se fixo mar, a carón da praia da Madalena en Cabanas.

Os equipos non perden oportunidade para poñer en práctica as novas técnicas de golpeo e ningún obstáculo impide que palanadores e palanadoras poidan adestrar. Xa temos unha imaxe do adestramento que ten lugar esta mañá do sábado, día previo á xornada 2 de Cabanas. No mesmo campo no que se xogará mañá, os equipos de billarda están adestrando no día previo, como ben establece o regulamento da Federación Galega de DEPAU.

Por outra banda, este xoves pasado, 23 de setembro, os compañeiros da Conferencia Noroeste realizaron unha actividade de promoción da Billarda no Campus de Elviña da UDC, encadrada na xornada de benvida ao novo curso universitario. En colaboración coa Asociación de estudantes da UDC HERCLE. Vemos na imaxe de abaixo a Gándara e Collazo intentando fichar novos talentos universitarios para os seus equipos. A foto sacouna Lois Fontán, mentres Roi, nunha mesa de recepción con material sobre ese deporte marabilloso da billarda, informaba a estudantes nativos e doutros países do planeta. Máis de 400 estudantes pasaron polo estadio universitario do Campus de Elviña. Non descartemos o primeiro equipo de billarda da UDC, ou incluso a fichaxe polo equipo de Filloas de talentos do este de Europa, que seica algunha estudante rusa batíalle ben á billarda… cando cadraba, ben certo. Magnífica labor de difusión do noso deporte.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *