Venres, Marzo 29, 2024
ActualidadeXornada

XA ASOMA O CORNO A NOVA TEMPORADA 2021-2022

Os medios de comunicación mostraron e narraron o acontecido na Final da Liga Atlántica de Billarda 2021. Este acontecemento mundial celebrado en Sanxenxo o 5 de setembro xa é historia. Nos medios dixitais foron Bisbarra en xogo e dxt e en papel DxT e Diario de Pontevedra.

Por outra beira, o presente non ten compaixón coas triunfadoras e triunfadores da temporada pasada e xa ten preparados novos retos para toda deportista que lle guste o son da madeira contra a madeira. Ben, a vindeira fin de semana do 18 e 19 de setembro comeza a nova competición que rematará o 26 de xuño 2022 coa celebración das Finais 2022. Os calendarios da nova temporada xa están publicados na etiqueta da cabeceira da Liga Atlántica de Bilalrda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *