Venres, Abril 19, 2024
ActualidadeXornada

Manzaneda pon o ramo á Liga Ribeira Sacra de Billarda 2021. Domingo 29 agosto 17 h

Pois, a frase “por todo o alto” nunca estivo mellor empregada que nesta ocasión. A primeiro Liga de Billarda na Provincia de Ourense remata por todo o alto, na Estación de Montaña de Manzaneda. Será o domingo 29 de agosto e será a 1500 metros por enriba do nivel do mar. Ademais, vaise disputar unha xornada dobre. A xornada 4ª que se ía disputar o día anterior en San Xoán de Río decidiuse levala a estas alturas de Manzaneda e así, xogarase a 4ª xornada e a 5ª xornada no mesmo día e lugar.

O equipo de Río ten que remontar 21 ptos de desvantaxe con relación ao equipo de Manzaneda, A Marea Verde, e non se dá por vencido nin moito menos. Confirman desde Río que en altitude o equipo sempre rendeu moi ben e esta ocasión vaino facer mellor que moi ben. Pola súa parte a Marea non as ten todas consigo, xa que, non poderá contar con algunhas das súas figuras e terá que recorrer a captar novos talentos de aquí ao domingo.

Aquí quedan imaxes captadas nas xornadas disputadas ata o momento.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *