Venres, Xuño 21, 2024
ActualidadeXornada

A Billarda anima agosto e nas cepas ferve o mosto

Nòs Diario na súa edición en papel informa sobre o novo Campo de billarda Juan Pérez en San Xoán de Río e esmiúza a segunda xornada da Liga Ribeira Sacra 2021.

O vindeiro domingo 22 de agosto disputarase por vez primeira un Torneo Aberto de Billarda en Betanzos. Oportunidade única para practicar este deporte marabilloso da billarda e para que novas xogadoras e xogadores mostren as súas destrezas de cara a poder fichar en algún club de billarda para a nova temporada 2021-2022. Se non estás en ningún equipo de billarda esta é unha boa oportunidade para fichar por algún dos poderosos equipos de billarda do Noroeste.

Tamén, está preparado o cartel da terceira xornada da Liga Ribeira Sacra de Billarda que se celebrará na Pobra de Trives o martes 24 de agosto. Nova oportunidade para que o equipo de Río acurte distancias coa Marea Verde de Manzaneda na clasificación xeral. O equipo de Trives pensa que pode ganar esta xornada sen maior dificultade. Veremos que pasa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *