GRAN FINAL BILLARDA 2021 1 de agosto Campo de Billarda de Sanxenxo
Hoxe xógase a última xornada na Conferencia Rías Baixas, campo da Estacada, Bueu, 17:30h. e mañá domingo 1 de agosto, a Gran Final Liga Atlántica de Billarda 2021 reunirá no Campo de Billarda de Sanxenxo aos xogadores e xogadoras de billarda máis destacados de Galicia.
Este é o sistema de competición da Gran Final 2021 e os criterios para facer os sorteos. Participarán nesta Gran Final Billarda 2021, 12 xogadores en idade infantil, 6 na Final de Varados, 30 na Final de Equipos, 16 na Final Individual Feminina e 32 na Final Individual Absoluta.
Estas son as persoas clasificadas para as Finais Individuais. Faltan por decidir 3 prazas de finalista na Categoría Individual Absoluta e 1 praza na Final Individual Feminina.
En canto á Final de Equipos, estes sons os grupos e os integrantes de cada equipo que formarían eses grupos de competición. Ollo, a orde dalgún xogador dos equipos das RIB pode variar segundo os resultados da última xornada de hoxe sábado 31 de xullo a disputarse en Bueu.