Venres, Decembro 13, 2024
Xornada

Houbo LÚA DE FORZA no ceo de SANXENXO. Regresou Piru e os seus Piruchazos para un triunfo incontestable. Tania recupera o liderado en mulleres. Abel Ponte superou ao Raio Verde Xián.

O CABINA, como se coñece popularmente ao Campo de Billarda de Nantes, acolleu onte a 56 persoas, as cales disputaron a xornada 7 da Liga Atlántica de Billarda Conferencia Rías Baixas. A tarde presentouse con boa temperatura e con nubes altas que foron moi agradables, pois evitaron a excesiva insolación de toda persoa humana que se moveu sobre o terreo de xogo. 6 equipos da provincia de Pontevedra e 1 equipo de Paiosaco puxeron todo da súa parte para que as billardas voasen camiño do varal. Este empeño non sempre foi ben considerado e moitas billardas non entraron no varal e insistiron en resistirse a tal proeza. Puntuacións bastante baixas en xeral. Só 4 palanadores pasaron de 20 ptos. Catastróficas actuacións e perturbadores golpes que confirmaron o alto nivel de dificultade do CABINA. Mención especial ao noutra hora líder da competición, Charri, quen non levanta cabeza e por segunda xornada consecutiva acada tan só 13 ptos. Cousas de ter tanta fama e éxito mediático. As chamadas telefónicas para contratar os seus monólogos comico-deportivos teñen ao mexicano que mellor pronuncia SANXENXO nun “non durmir”. Houbo un cambio de líder, pois Daniel cedeulle o posto a Xan Rodiño, o poeta melancólico de Dorrón. Coméntase no mundo da billarda que toda aquela persoa que le o poemario do Rodiño, Poesicatrices, cae nun estado de hiperconsciencia e xa nunca máis dá un bo golpe de palán. Dous exemplos prácticos deste embruxo literario son Daniel e Che, que leron os versos endecasílabos de rima asoante e … vaia, non chegaron a 10 ptos.

Ganou a xornada Piru de Gharaboto, segundo foi Juancar de Campo da Feira e terceiro Fari de Corredoiras. En categoría Feminina foi primeira Tania, segunda Adriana, as dúas de Valpaços Terra Quente de Vigo e terceira LU de Lúa de Forza. En categoría Infantil ganou Abel de Campo da Feira, segundo foi o Raio Verde, Xián de Lúa de Forza e terceira Antía de Gharaboto. Por equipos o triunfador foi Lúa de Forza de Sanxenxo, segundo foi Campo da Feira de Paiosaco e terceiro Gharaboto de Marín.

A tarde presentábase propicia para o equipo local Lúa de Forza, posto que o seu gran rival Corredoiras Bueu só puido presentar a 5 xogadores. Tamén é certo que o equipo do NOROESTE Campo da Feira presentouse en Sanxenxo cunha aliñación de gala. Este equipo acudiu á xornada coa intención de que lle servise de preparación para a Fase Final que terá lugar o 1 de agosto neste mesmo escenario do CABINA, pois, xa teñen o posto garantido na categoría de equipos por ser campións virtuais da súa Conferencia. De todos os xeitos, tamén se lles pasou pola cabeza a posibilidade de ganar a xornada e ben que o tiveron cerca. Non obstante, o sábado foi Lúa de Forza Sanxenxo quen cegou a todos os equipos co seu brillo, mesmo o luar atravesou as nubes da tarde do Salnés. O regreso á titularidade de Juanchi, o roqueiro da Ponte, despois de superar unha lesión de ombro, supuxo a maior puntuación do equipo verde nesta temporada, 86 ptos. Corredoiras Bueu bastante fixo con perder só 29 ptos con relación ao equipo líder da competición. Gharaboto mantén o pulso e o terceiro posto do podio. Rinoceronte tivo unha mala tarde, pois os seus primeiros paláns non pasaron de 10 ptos e cando Daniel e Che non funcionan o equipo do corno non sae da poza de lama onde lle gusta fozar e bañarse. Valpaços conseguiu a súa mellor puntuación e mantén a quinta posición da xeral. Laxe tivo bastantes baixas e a pesar de que Martín e Gerardo tiveron boas puntuacións non puideron ser máis que último equipo da tarde.

As prazas para participar na Fase Final do 1 de agosto están deste xeito a falta de 3 xornadas, Salcedo, Marín e Bueu.

CATEGORÍA ABSOLUTA

XANLÚA15726202120192427
DANIELRIN1412130162221247
CHARRICOR1333122923221313
FARICOR12016221225 1926
CHICHOLÚA114172192315254
CHERIN106712152023227
ÁLVAROGHA98168112361717
PIRUGHA9313 1613171717
RICOYLÚA921251211191617
ALBINO VEIGAVAL9211131020141113
BENICOR89241 1429129
MARTÍNLAX8636625171514
LUISGONGHA8236158191714
GERARDOLAX7612 616121713
TANIAVAL69 1019141916
GELÍNGHA6741211441211
LUÍS CAMIÑAGHA67 6151413118
CAROLOLÚA652111616821
JOSÉ MANUELRIN635118171516
CHOARM60 17211210  
ELENAGHA6014 957196
ADRIANAVAL59241 1101112
JUANCHILÚA561514    27
XIÁN INFLÚA56 655121315
MANUARM54 1151622  
GONZALORIN5461173 1710
TAXEIROVAL5391147769
RICARDO LOISLAX51 14118315 
OUTEIROCOR5012 57 179
ALFONSOVAL49121195  12

CATEGORÍA FEMININA

TANIAVAL69 1019141916
ELENAGHA6014 957196
ADRIANAVAL59241 1101112
CHEFACOR401111510111
MARISALÚA38315101351
LULÚA3086 5  11
BELMIRAVAL2931431161
MARÍA CARIDEGHA248 61351
ANAGHA237114181
BEGOCOR20  812   
INÉSGHA2011 1467
ELENA SABARÍSARM17  5111  
MÓNICAGHA14 111101 
ANTÍAGHA121111116
LITALAX11 1 118 
IRENEVAL106 1111 
ROSAVAL861 1   
LUCÍA INFVAL71111111

CATEGORÍA EQUIPOS

LÚA DE FORZASANXENXO49379664870667886
CORREDOIRASBUEU43883613481616157
GHARABOTOMARÍN42358426768597059
RINOCERONTEPONTEVEDRA39040586656527840
VALPAÇOS TERRA QUENTEVIGO33251454247474753
LAXE DE RONSO GROVE26315214353376628
ARMADIÑAPOIO194 36585347 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *